Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

10/11/22 | 12:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo de Belas Artes da Coruña prorroga un mes máis a mostra ‘After the whale’ tras superar as 16.000 visitas

A proposta artística de Manuel Vilariño programada pola Xunta poderá seguir visitándose ata o 11 de decembro para cubrir a ampla demanda e boa resposta do público

10/11/22 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta custodiará no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra a obra da fotógrafa viguesa Mary Quinteiro

O director xeral de Cultura visita xunto a artista o Arquivo logo de ceder en comodato a súa colección baixo o título ‘A imaxinación no interior dun estudo fotográfico’

10/11/22 | 11:02 | A Presidencia da Xunta

Presentación do libro “Puertas del Camino” na Casa de Galicia

Jorge de Viveiro, Pepe Tejero e Roberto Díaz presentaron “Puertas do Camino”: 22.000 quilómetros e 10 meses de traballo que agora se materializaron nun libro de viaxes.

09/11/22 | 18:47 | Secretaría Xeral de Emigración

A Ribeira Sacra acolle a visita dos galegos do exterior do programa Reencontros acompañados do Secretario Xeral da Emigración

Nesta iniciativa participan preto de 140 galegos do exterior de máis de 65 anos vinculados a entidades de todo o mundo

09/11/22 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Día da Ilustración 2023 homenaxeará á pintora galega María Antonia Dans

A decisión consensuouse nun encontro mantido entre o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, con representantes da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e das escolas de Arte e Superior de Deseño

09/11/22 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un novo web promove entre a mocidade creacións musicais e poéticas galegas e portuguesas co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste proxecto impulsado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

09/11/22 | 13:18

A Xunta premia os traballos gráficos e audiovisuais de centros escolares de Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Cee no concurso convocado polo 25-N

O xurado recoñeceu o valor das propostas presentadas nas que primaron as mensaxes de concienciación e prevención da violencia de xénero e de denuncia desta lacra

09/11/22 | 12:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Rede de Música ao Vivo da Xunta intensifica a súa actividade con 44 novos concertos de 38 bandas galegas ata decembro

O circuíto estase a desenvolver en 11 salas das catro provincias, que contan con financiamento da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para ofrecer 74 actuacións durante o segundo semestre deste ano