Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Audiovisual:

04/05/22 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a industria de enerxías renovables impulsan a colaboración en proxectos de innovación na FP

O obxectivo é desenvolver másteres de FP para a atender a demanda de profesionais en sectores emerxentes como o big data, a intelixencia artificial ou a robótica entre outros

02/05/22 | 14:34 | C. do Medio Rural

A Xunta formará en Boqueixón sobre mecanismos de reprodución de colmeas e mellora xenética de raíñas

A acción formativa celebrarase os sábados no lugar de Quián ata o mes de xullo e será impartido polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude en horario de mañá

01/05/22 | 11:46 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García dá a benvida ás mozas e mozos que están a realizar as súas prácticas laborais na Consellería de Política Social

Preto de 50 persoas desfrutarán durante un ano dunha bolsa de emprego neste departamento da Xunta

27/04/22 | 13:03 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda supervisa o programa de formación laboral complementaria para os bolseiros BEME realizada en colaboración coa Fundación Ronsel

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse ata a sede desta entidade en Santiago para coñecer a labor dos orientadores que están a ofrecer itinerarios personalizados aos universitarios galegos do exterior que están a cursar un máster nalgunha das tres universidades de Galicia a través dunha bolsa de Excelencia Mocidade Exterior

26/04/22 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola formación laboral para o sector de hostalería co obradoiro de emprego ‘A Lanzada IV’ no Concello do Grove

O delegado territorial, Luis López, visitou as actividades dos módulos de Operacións Básicas de Cociña e Servizo de Restaurante e Bar, que preparan a vinte persoas desempregadas ata xullo

26/04/22 | 12:36

A Xunta inaugura a Escola Galega de Prevención da Coruña para impulsar hábitos de vida saudables no ámbito laboral

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe a escola radicada no centro do Issga da cidade herculina como “salto cualitativo e cuantitativo” en materia de prevención de riscos

26/04/22 | 11:28

A Xunta sube un 77 % o orzamento do Plan de Formación para o Emprego en 2022 para promover accións adaptadas ás necesidades de cualificación de Galicia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe en Oleiros, a 11ª Feira de emprego e formación da escola de negocios IFFE

19/04/22 | 13:59 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta forma a empregados públicos en materia de fiscalidade internacional

Hoxe comeza na EGAP un curso monográfico dirixido a ofrecer ao persoal empregado público galego unha visión xeral da fiscalidade internacional e comunitaria

29/03/22 | 14:24 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta segue a formar en habilidades para o emprego a cerca de 200 universitarios galegos retornados para fortalecer o seu futuro laboral en Galicia

O programa, desenvolvido pola Consellería de Emprego e Igualdade en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, ofrece formación complementaria de carácter laboral a beneficiarios da bolsa de Excelencia Mocidade Exterior Beme

23/03/22 | 13:09

O delegado territorial da Xunta destaca a ampla oferta de cursos de formación do centro de FP Santa María de Europa de Ourense

Gabriel Alén explicou que este centro, adscrito á Consellería de Emprego e Igual-dade, iniciou xa a selección de alumnado para os cursos de formación que ten previsto botar a andar este ano