Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

17/09/22 | 12:59 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o Museo da Pataca de Coristanco á hora de destacar o potencial dunha das principais zonas produtoras do tubérculo na comunidade

Este museo temático busca enxalzar a pataca de Coristanco, considerando a importancia desta produción na comarca de Bergantiños desde o punto de vista etnográfico, agrario e social e de identificación territorial

16/09/22 | 15:56 | C. do Medio Rural

A Xunta acomete as últimas obras na rede de camiños das parcelarias de Troáns I e Troáns II cun investimento de 486.000€ e comeza o acondicionamento dos accesos a novas fincas

A Consellería do Medio Rural tamén está a redactar un proxecto conxunto para os traballos de mellora dos accesos aos novos predios en ambas zonas e planifica a colocación e cambio dos marcos atendendo á resolución dos recursos presentados polos beneficiarios

16/09/22 | 14:50 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a aplicación telefónica Appfitovit coa que se obtén información fitosanitaria para o viñedo a tempo real

Este proxecto foi desenvolvido pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, dentro das liñas estratéxicas de investigación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e está financiada nun 75% con fondos Feader
 

16/09/22 | 13:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda subliña a capacidade do sector vitivinícola galego para xerar dinamismo e emprego no rural mentres se reforza o coidado do medio

Destaca o traballo conxunto entre o Goberno autonómico e os Consellos Reguladores, que recibiron 19 M€ en axudas entre o 2012 e o 2021, dos cales 8,2 M€ foron parar ás Rías Baixas

16/09/22 | 10:11 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana que vén no centro de formación e experimentación agraria de Becerreá un curso de iniciación á apicultura

Prevista do 20 ao 23 de setembro, a acción formativa constará dun total de 20 horas lectivas

15/09/22 | 11:02 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Boqueixón un curso de formación complementaria á análise sensorial dos queixos galegos denominación de orixe protexida

O curso terá lugar os días 19 e 21 de setembro no Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude

14/09/22 | 15:07 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca as oportunidades que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria na comarca de Chantada de cara á incorporación das mulleres no sector primario

Inés Santé lembrou que hai 21 aldeas modelo declaradas -cinco delas na provincia de Lugo- e 21 polígonos agroforestais en distintas fases -entre eles dous lucenses-

14/09/22 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o 15 de outubro o prazo para presentar licenzas e permisos das axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que aumenta nun mes o período marcado inicialmente para aportar esta documentación

12/09/22 | 13:01 | C. do Medio Rural

A Xunta anima á mocidade galega a formarse no sector primario para sumarse ás oportunidades que ofrecen eidos como o forestal ou o agroalimentario

José Luis Cabarcos apuntou que se ofertaron 299 prazas novas nos ciclos medios e superiores dos centros de formación e experimentación agraria -un 9,4% máis có curso anterior- e que as últimas vacantes se poden solicitar ata o 23 de setembro