Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta avanza na execución do Centro Integral de Saúde de Lalín, cos traballos de escavación xa rematados
Xa está finalizado o baleirado da escavación e continúan as tarefas de apertura de noiros para a disposición de zapatas e vigas de atado
Ethel Vázquez avanza un investimento de 53.000€ no reforzo da seguridade do camiño de Fisterra en Negreira, unha das 70 actuacións que se executarán este ano nas vías autonómicas por 1,4 M€
O Diario Oficial de Galicia publicará esta semana a encomenda para levar a cabo as 70 obras a partir da segunda quincena de xullo, co obxectivo de rematalas este mesmo ano
A Xunta recibe 3 ofertas para construír a rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de máis de 60.000€
Os traballos, que contan cun prazo de 2 meses, consisten na execución dunha rede separativa de augas pluviais e fecais, completando así as infraestruturas de saneamento e canalización de augas pluviais neste núcleo
A Xunta licita por máis de 120.000 euros a redacción do proxecto construtivo de mellora da estación de bombeo de augas residuais de Mogor, en Marín
Definiranse as actuacións para axustar a capacidade de impulsión á poboación da área rural oeste deste municipio
A Xunta adxudica por case 1,4 M€ as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas da provincia de Lugo
Os traballos comezarán na segunda quincena de xullo e contarán cun prazo de 6 meses
A Xunta coloca unha mouteira do Camiño de Santiago no cuartel da Garda Real en Madrid
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda indicou que esta mouteira foi solicitada pola Garda Real, polo seu especial simbolismo, xa que todos os anos membros da Garda Real e as súas familias peregrinan a Santiago
A Xunta adxudica por case 835.000 euros as obras da 1ª fase de acondicionamento da estrada AC-423 entre Agrilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños
Os traballos comezarán, previsiblemente, na segunda quincena de xullo e o obxectivo é telos finalizados a comezos de 2022
A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-230 no concello de Campo Lameiro
Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo estimado de 2 meses