Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/07/21 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a finais da primavera de 2022 Boqueixón verá mellorado o seu saneamento coa nova depuradora de Sergude na que se invisten 1,8M€

Vázquez Mourelle subliña que as obras unificarán o tratamento das augas de Sergude e de Lestedo e triplicarán a capacidade da planta actual, dando servizo a 3.000 habitantes equivalentes en 2042

05/07/21 | 11:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 200.000 euros para a rehabilitación dunha vella casa cuartel en Xunqueira de Ambía como vivenda e centro sociocomunitario

A vivenda comunitaria abriu as súas portas hai unhas semanas e conta con oito usuarios, mentres que o centro sociocomunitario está pendente de mobiliario

05/07/21 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/07/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Sanxenxo e de Salceda de Caselas

Os traballos centraranse no acondicionamento da zona verde de dominio público da estrada PO-308 entre a vila de Sanxenxo e A Lanzada, e na estrada PO-399, na roza das marxes no seu percorrido polo municipio de Salceda de Caselas

03/07/21 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez reitera a demanda ao Goberno de España para que programe e efectúe os investimentos necesarios para dotar Lugo dun acceso real á alta velocidade ferroviaria

Sinala que a pesar da mobilización de recursos nos últimos tempos, ningunha das obras relevantes está iniciada, cando había compromiso de remate en 2021, e que a planificación presentada polo Goberno elimina as variantes que fan competitiva esa viaxe en tren

03/07/21 | 10:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Condomiñas, no concello de Cedeira

Estes traballos desenvólvense nun treito de preto de 1,8 quilómetros de lonxitude, nas parroquias de Santa María do Mar e de Régoa

02/07/21 | 15:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co Concello de Boimorto o convenio para dotar de saneamento os núcleos de Viladóniga, o Outeiro e o Pedral, cun investimento de 540.000€

A Xunta achegará o 80% do orzamento, 432.000 euros, e executará as obras, mentres o Concello de Boimorto contribuirá co 20% restante, 108.000 €

02/07/21 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 361.000€ na substitución da cuberta e das carpinterías do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños para adaptalo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

02/07/21 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde o luns os servizos de autobús entre a Coruña e Oleiros con 56 novas conexións semanais ás praias de Santa Cristina e Bastiagueiro

Esta liña especial ás praias permanecerá en servizo ata o 31 de agosto, dispoñendo os usuarios de 8 servizos ao día desde cada cabeceira, incluíndo fins de semana e festivos

01/07/21 | 15:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle ao Concello de Viveiro a documentación municipal necesaria para executar e financiar as obras do senamento de Celeiro, cun investimento de 3,8 M€

Trátase dun trámite necesario para que Augas de Galicia poida acometer unha actuación que é propia das competencias municipais e que inclúe tamén a construción dunha nova condución de vertido