Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Sanidade establece o nivel máximo de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Laza e Cualedro
No nivel alto de restricións estarán os concellos da Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha
Compromiso de Xunta e Concello para trasladar o centro de saúde do Sagrado Corazón ao antigo colexio
O conselleiro de Sanidade e a alcaldesa de Lugo acordan colaborar neste traslado, que consideran a mellor opción para reforzar os servizos sanitarios neste barrio
Feijóo enxalza a capacidade do Hospital Público Lucus Augusti no seu X aniversario e anuncia a instalación dun novo equipo de tomografía para diagnósticos oncolóxicos
Asevera que coa posta en funcionamento do HULA resolveuse unha débeda pendente que o Goberno galego tiña coa provincia en materia sanitaria
Galicia rexistra un total de 3.027 casos activos por coronavirus
Un total de 117.347 pacientes xa están curados
O Sergas ofrece mañá a quinta sesión do ciclo de conferencias sobre benestar emocional dirixidas aos profesionais da sanidade
Nazareth Castellanos, licenciada en Física teórica e doutora en Neurociencia será a encargada de impartir a conferencia titulada “Bioloxía da actitude”
O Diario Oficial de Galicia publica a oferta pública de emprego de Sanidade para 2021 que inclúe un total de 1.215 prazas
A oferta de persoal estatutario é de 1.203 prazas, que esgotan a taxa máxima de reposición de efectivos autorizada pola lexislación básica do Estado, que é do 110 por cento
A Xunta inicia as obras do Hospital Público Gran Montecelo co obxectivo de que estean rematadas entre finais de 2023 e principios de 2024, un ano antes do previsto
Feijóo subliña que co inicio da 1ª fase, dotada con 134 millóns, comeza a materializarse a ampliación dun hospital que atenderá as necesidades asistenciais da poboación de 26 concellos -máis de 300.000 habitantes-, nos próximos 50 anos
A Xunta mantén unha xuntanza coa Delegación do Goberno, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local para coordinar o proceso de vacinación masiva que dará comezo mañá nas sete grandes cidades
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, solicitaron a máxima coordinación entre as Administracións e os corpos de seguridade para que todo discorra coa maior fluidez e rapidez
O 061 de Galicia asistiu a 53 persoas por 42 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 30 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 2 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico