Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

08/07/21 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executa obras de mellora do firme en 11 quilómetros da estrada LU-653, que conecta A Pobra do Brollón e O Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 85.000 euros nos traballos para reforzar a seguridade viaria

08/07/21 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o novo catálogo de estradas autonómicas

O documento, en vigor desde mañá, actualiza e adapta a relación de vías autonómicas aprobada en 2003 á normativa vixente en materia de estradas e á súa funcionalidade actual

08/07/21 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina preto de 700.000 euros a impulsar proxectos de mellora en oito parques empresariais lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou das axudas concedidas aos concellos de Cervo, O Saviñao, Monforte de Lemos, Chantada, Begonte, Monterroso, A Pontenova e Rábade para financiar obras de modernización nos polígonos

08/07/21 | 11:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia as obras de renovación integral do firme e modernización do balizamento da estrada PO-212, Rodeiro-Agolada, nas que inviste 1,1 M€

O delegado territorial, Luis López, asistíu esta mañá ao comezo desta actuación, orientada ao reforzo da seguridade viaria e mellora da mobilidade, na saída do casco urbano de Rodeiro cos alcaldes Rubén Quintá e Luis Calvo

08/07/21 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal cun investimento de 1,4 M€

Actuarase nas estradas -101, AC-546, AC-566 e AC-861, ao seu paso polos concellos de Cedeira, Ortigueira, Cabanas, A Capela e As Pontes

08/07/21 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Cabana de Bergantiños de dous treitos antigos da estrada AC-429

Transfírense dous treitos situados na marxe esquerda, entre os puntos quilométricos 2+790 e 2+940 e entre os quilómetros 6+890 e 6+980

07/07/21 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o equipamento da depuradora de Quiroga cun investimento de preto de 30.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou os traballos, que facilitan o control e medición das augas entrantes e tratadas

07/07/21 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 5,1 M€ os servizos de conservación dos treitos interurbanos dos ríos da demarcación Galicia-Costa para os 2 vindeiros anos

A Xunta incrementa en máis do 65% o investimento nestes contratos para garantir o mantemento de 15.000 km de ríos xestionados por Augas de Galicia

07/07/21 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de acondicionamento dos camiños de servizo da estrada autonómica OU-312 no concello de Lobios

Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo estimado de execución de 3 meses

07/07/21 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de construción dunha senda na estrada AC-301 ao seu paso polo concello de Rois

Esta intervención para a mellora da seguridade viaria e para o fomento da mobilidade sustentable conta cun investimento autonómico estimado en preto de 600.000 euros