Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita a redacción do Plan Director do Monumento de Santa Eulalia de Bóveda para avanzar na súa posta en valor
O documento, que sae a contratación por 122.400 euros, sentará as bases para definir as liñas de actuación de cara á súa conservación e uso
A illa de San Simón acolle este verán o X San Simón Fiddle, centrado no intercambio das músicas tradicionais de Galicia e Italia
O espazo cultural redondelán acollerá tamén de novo o evento Encordass
A Xunta de Galicia e o Goberno de España acordan o aprazamento estratéxico do último paso para a presentación da Ribeira Sacra ao Comité do Patrimonio Mundial da Unesco
A decisión permitirá fortalecer aínda máis a candidatura atendendo ás avaliacións e os informes de Icomos, organismo asesor da Unesco, no menor prazo posible
O CGAC abre o segundo semestre do ano con dúas exposicións arredor da cidade de Nova York e os Camiños
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, presenta ambas mostras, que poñen en valor os fondos pertencentes á Colección CGAC
Galicia Escena PRO reúne durante catro días 61 programadores de teatro arredor da produción de 95 compañías galegas
Seis espazos de Santiago de Compostela acollerán do 7 ao 10 de xuño 19 espectáculos, 12 presentacións e máis de 200 reunións concertadas
A Xunta de Galicia impulsará este verán máis de 3.000 actividades culturais cun investimento superior aos 9M€
Terá en conta todas as artes escénicas e propostas culturais, dirixidas a todo tipo de público e con presenza tanto nas zonas urbanas como no rural galego
Un Museo Gaiás virtual acollerá a partir de mañá a Maker Faire con preto de 4.000 participantes inscritos
Comeza a sétima edición deste escaparate para a creatividade e o enxeño, cunha xornada exclusivamente centrada en innovación educativa
O Centro Dramático Galego leva a estrea en Galicia de ‘A contenda do río Miño’ á Mostra de Teatro de Cangas
Trátase da primeira peza teatral conservada en lingua galega, escrita por Gabriel Feixoo de Araúxo en 1671 e da que se cumpren 350 anos
Román Rodríguez sitúa a rehabilitación da catedral de Santiago como exemplo a seguir no Plan catedrais que ultima a Xunta
Salienta a calidade das últimas actuacións de renovación integral das cubertas, que permiten manter a esencia coa que foron ideadas grazas á tecnoloxía do S.XXI