Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Xustiza:

23/03/21 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou 42.000 euros ao acondicionamento do local cedido ao Concello de Ribadeo para o traslado provisional dos funcionarios do xulgado de Paz

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o inmoble no que antes dun mes se realizará o traslado mentres o concello leva a cabo as obras da sede principal deste órgano xudicial

22/03/21 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acollerá no Edificio Xudicial de Lugo o novo Xulgado do Social que comezará a funcionar a próxima semana

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe xunto co presidente do TSXG, José María Gómez y Diaz-Castroverde as instalacións do novo xulgado nº4 do Social de Lugo

18/03/21 | 16:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza co Goberno central na posta en marcha do protocolo de teletraballo na administración de Xustiza

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou hoxe na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades

16/03/21 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta levará a cabo a instalación de climatización en varias dependencias da Audiencia Provincial de Ourense

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, reuniuse hoxe co xuíz decano, a secretaria provincial coordinadora, a fiscal xefa e o presidente da Audiencia Provincial

11/03/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilitará unha sala dixital nos xulgados de Cambados, nos que tamén investiu 140.000 euros para a súa mellora enerxética

A nova sala integrará un sistema de videoconferencia, o que permitirá liberar unha das tres coas que conta agora o edificio xudicial

02/03/21 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten xa instalado o mobiliario no edificio da gota de leche para acoller o novo xulgado do social de Vigo desde o 31 de marzo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións onde se ubicará o xulgado nº7 do Social de Vigo de maneira provisional ata o seu traslado de maneira definitiva á Cidade da Xustiza

01/03/21 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e TSXG consensúan a proposta de creación de tres unidades xudiciais correspondentes a 2021

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Xustiza

17/02/21 | 09:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba a creación de 24 prazas de funcionarios para os tres novos xulgados do Social na Coruña, Lugo e Vigo

Cada un dos tres xulgados contará cun cadro de persoal de 2 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilios, que concentran o 85% do custo da posta en funcionamento destes órganos xudiciais con máis de 722.000 euros

10/02/21 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca os avances na obra de rehabilitación da nova Cidade da Xustiza en Vigo que xa está executada ao 87%

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron hoxe a obra xunto co presidente do TSXG, José María Díaz y Castroverde e representantes do sector xudicial