Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta constata a receptividade dos concellos máis pequenos por dotarse dun plan básico municipal
Alfoz, Guntín, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e Dozón son os concellos da segunda fase que apostan por este instrumento de ordenación, que a Xunta apoia cun orzamento de case 800.000 euros
A Xunta remite ao Concello de Vigo todos os informes recadados tras a aprobación inicial do PXOM
Un total de 17 organismos autonómicos, provinciais e locais responderon ao requirimento da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo dentro dos tres meses que lles dá a Lei do solo para pronunciarse sobre o plan xeral
Remata a humanización da Praza de Méndez Núñez de Portonovo, financiada pola Xunta coas axudas para mellora de infraestruturas municipais
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, supervisan o remate dos traballos, nos que se investiron 113.000 € cunha achega do 70% por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Galicia activa máis de 8 millóns de euros para a mellora dos parques empresariais
A Xunta abre o prazo de solicitude para acceder ás axudas destinadas a modernizar as infraestruturas, que incorporan como novidade a posibilidade de instalar servizos de subministración de gas e hidróxeno; a implantar viveiros industriais e a liña para reforzar as redes de distribución eléctrica
A Xunta aproba o primeiro PXOM de Castrelo de Miño, que marcará o desenvolvemento urbanístico do concello durante os próximos 16 anos
Entre os obxectivos do novo instrumento cómpre subliñar a fixación de poboación a través de medidas como o fomento da ocupación de inmobles que estean baleiros ou a dotación de solo urbanizable residencial para promover novas vivendas protexidas
Feijóo anuncia o nomeamento de Martina Aneiros como delegada territorial en Ferrol e incide no compromiso da Xunta coa comarca tras investir máis de 80 M€ en 2021
Anuncia que Ferrol Vello será a sexta Área Rexurbe da Comunidade con máis de 105.000 metros cadrados de superficie, 269 edificios e algo máis de 1.000 vivendas
A Xunta inviste case 35.000 € na humanización da contorna da antiga ferrería en Triacastela
A obra enmárcase no Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego hai 12 anos e ao que xa destinou case 150 M€ para cofinanciar preto de 320 actuacións
A Xunta achega case medio millón de euros a 138 obras particulares e de concellos para corrixir impactos paisaxísticos na provincia de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explica que xa están convocadas novas axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos, tanto privados como municipais