Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta mantén aberta a convocatoria de axudas Iniciativa Xove’ para impulsar proxectos protagonizados pola mocidade
As entidades xuvenís e grupos informais teñen aberto o prazo para enviar solicitudes ata o vindeiro 13 de xuño
A Xunta coñece os proxectos postos en marcha por sete centros galegos ao abeiro do programa 'Voluntariado Miúdo: Móvete'
Esta iniciativa, enmarcada no Plan Proxecta, promoveu o desenvolvemento este curso de sete proxectos de voluntariado de proximidade polos estudantes de primaria de varios centros galegos
A Xunta presenta o campo de voluntariado ‘Aldea Alfacuca’ que se celebrará en Mos entre o 26 de xullo e o 6 de agosto
Esta proposta destinada a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos estará centrada no coidado do medioambiente
A Xunta achega máis de 500.000 euros á posta en marcha de programas de voluntariado xuvenil e sénior
Farase a través de tres convocatorias de axudas destinadas a entidades de acción voluntaria e locais así como a entidades de carácter privado
Mañá remata o prazo para anotarse nos campamentos de verán da Xunta de Galicia
O campamento ‘Deseña o teu futuro’ terá actividades diversas como a creación e edición de vídeo, realidade virtual, masterclass de creación de contidos web e app, así como outras tradicinais como tiro con arco, escalada ou xeolocalización
A Xunta presenta o novo campo de voluntariado que se realizará este ano en Sanxenxo
Terá lugar no mes de agosto e consistirá en actividades de coidado medioambiental, localización de residuos e a recollida dos mesmos en embarcacións tipo kaiak e SUP
A Xunta presenta o novo campamento astronómico que se realizará este verán no concello da Veiga
Trátase, xunto con Xunqueira de Ambía, dunha das novidades nas localizacións de campamentos da campaña de verán deste ano 2022
A Xunta porá en marcha unha nova convocatoria do programa Xuventude Crea o vindeiro mes de xuño