Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

01/11/21 | 13:42

As obras de mellora e humanización na capitalidade do Pereiro de Aguiar poderán comezar este outono

A actuación prevé o soterramento das conexións ás vivendas, actuacións sobre a rede de sumidoiros e a instalación de novo pavimento, iluminación e mobiliario urbano

30/10/21 | 13:34

A Xunta adxudica máis de 26.500 m2 de solo industrial cunha bonificación global de 665.000 euros

Asignáronse un total de 22 parcelas en 7 parques empresariais de titularidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Touro, Bóveda, Quiroga, Taboada, Xermade, O Barco de Valdeorras e Verín

25/10/21 | 14:23

Medio Ambiente xestionará 445,3 M€ en 2022, un 20% máis, co obxectivo prioritario de facilitar o acceso á vivenda aos galegos

Ángeles Vázquez avanza unha nova medida para garantir un fogar á mocidade: a concesión dun aval por parte do Goberno galego para adquirir por primeira vez unha vivenda en propiedade

20/10/21 | 17:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda cos concellos da comarca do Barbanza o reforzo dos servizos de autobús que conectan a bisbarra con Santiago de Compostela

Proponse a creación dunha liña con servizos directos entre a comarca e a capital galega, empregando a Autovía do Barbanza e a AP-9 para reducir os tempos de viaxe nas franxas de maior demanda

19/10/21 | 14:38

A Xunta elabora unha guía para o deseño e instalación de cartelería co fin de garantir o equilibrio e 'destacar sen molestar'

Ángeles Vázquez salienta que este novo título, que se sumará aos 11 da Colección Paisaxe Galega que xa están publicadas, servirá para mellorar a imaxe das zonas históricas, das contornas rurais ou das entradas das cidades

15/10/21 | 11:17

Ángeles Vázquez salienta o compromiso dos concellos coa protección da paisaxe ao esgotar as axudas para corrixir impactos en equipamentos municipais

Máis de 60 entidades locais beneficiaranse desta liña de subvencións, pioneira en Galicia e que se suma á convocada no mes de abril para propietarios particulares

11/10/21 | 11:50

Enrique de Salvador traslada o seu compromiso para traballar e apostar polo 'fermosismo' en Galicia

Ángeles Vázquez destaca o acerto de incorporalo ao equipo de Medio Ambiente polo seu coñecemento do territorio e da Administración autonómica

05/10/21 | 11:19

A Xunta adxudica por case 70.000 euros a mellora da contorna das vivendas do grupo escolar de Vilardevós

Nas inmediacións dos cinco inmobles xa rehabilitados procederase á limpeza e revexetación das zonas comúns, repararase o pavimento dos paseos que conectan as vivendas e instalaranse novas conducións na rede de abastecemento e saneamento

29/09/21 | 17:10 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social subliña a importancia de traballar en iniciativas que dean visibilidade ás zonas de menor poboación para superar o reto demográfico

A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no Congreso Nacional da Confederación Nacional de Jubilados e Pensionistas de España (Conjupes)