Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico abre a vindeira semana o calendario de festivais audiovisuais apoiados pola Xunta
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación da 17ª edición do evento impulsado en Santiago polo Museo do Pobo Galego
A Xunta salienta o talento creativo dos artistas contemporáneos galegos e a súa contribución a promover a arte entre os máis novos
Comezará o vindeiro 1 de abril cunha mostra antolóxica sobre Quique Guerra e outra coa participación de máis de 20 artistas que incluirá unha programación didáctica con visitas guiadas e talleres para os escolares da Mariña lucense
O conselleiro de Cultura destaca a Florencio Delgado Gurriarán como un poeta senlleiro na larga tradición das letras galegas
Salienta que nestes momentos é máis necesario que nunca apoiar as manifestacións artísticas e poñer en valor o seu compoñente emocional a través de certames, premios e festivais líricos por toda a Comunidade
A Xunta convoca para maio e xuño as primeiras probas Celga do ano, que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega
O prazo de inscrición, así como o pagamento da taxa, abrirase o vindeiro luns 21 de marzo e pecharase o 8 de abril
A Insua dos Poetas acollerá a celebración polo Día Mundial da Poesía co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística participa no Carballiño na presentación do programa para festexar a efeméride da Unesco o próximo luns 21
A Xunta e a Escola de Organización Industrial impulsarán 20 novos proxectos emprendedores vencellados ás industrias culturais e ás TIC
Arranca a sexta edición dos Coworking IGAPE-EOI co inicio das actividades formativas na aceleradora da Cidade da Cultura, á que se suman outros 10 espazos en distintos puntos de Galicia
Netflix incorporará preto de 70 títulos en galego ao longo do ano coa colaboración da Xunta
A compañía estadounidense impulsa a presenza da lingua galega na plataforma de streaming mediante o subtitulado e a dobraxe dunha selección de títulos
Arranca en Santiago a V edición do festival de poesía ‘Alguén que respira!’ co apoio da Xunta
Esta cita, impulsada en colaboración co Concello de Santiago, ábrese o venres coa participación de Miren Agur Meabe, Ana Romaní, María Cabrera e Antonio Barahona
A escritora Anne Plantagenet e o director teatral Lluís Pasqual, protagonizan esta semana o ciclo de conferencias ‘María Casares’ organizado pola Xunta
A autora vén de publicar un libro dedicado á actriz galega baseado na súa correspondencia amorosa con Camus e o director teatral coñeceuna persoalmente
A revista científica ‘Ágora do Orcellón’ réndelle tributo á doutora Marisa Crespo, gañadora do premio homónimo, co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de entrega do galardón e na presentación da nova edición desta publicación