Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

19/11/22 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de conservación da Ponte Ceilán obrigarán ao corte de carril entre o luns e o venres desta vindeira semana

É preciso demoler parte da beirarrúa actual para a formación dunha gabia na que se executará a cimentación da nova varanda que se instalará na ponte

19/11/22 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar as obras de ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago, que suporán un investimento de 72,8 M€

Das ofertas presentadas a esta actuación, 4 delas están conformadas por UTE, que engloban un total de 10 empresas

18/11/22 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta agarda que o concello da Coruña traslade un apoio claro á iniciativa da senda litoral coa pasarela de Oza a Santa Cristina, na que o Goberno galego quere investir 8 M€

Francisco Menéndez remarca a necesidade dun pronunciamento áxil por parte do Concello da Coruña, dado que a actuación está condicionada aos prazos fixados no programa ‘Nex Generation UE’

18/11/22 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que o investimento da Xunta de 8,1 M€ na renovación do saneamento de Cee permitirá mellorar a vida dos veciños e elevar a calidade das augas da ría na primavera de 2024

Vázquez Mourelle salienta os obxectivos de reducir nun 80% os vertidos en tempo de chuvia e suprimilos en tempo seco, contribuíndo a mellorar a clasificación das augas da ría
 

18/11/22 | 11:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa o inicio das obras da senda entre Proame e O Cancelo, que completará un itinerario peonil de máis de 7 quilómetros na AC-552 na Laracha cun investimento de 1,3 M€

Executarase un itinerario de uso mixto, para peóns e ciclistas, pola marxe esquerda da vía, con 2,2 km de lonxitude e un ancho medio de 2,5 metros

17/11/22 | 18:21

A Xunta convocará un novo concurso para a adxudicación de máis de 33.000 m2 de solo urbanizado para a construción de vivenda protexida

Ofertaranse parcelas dispoñibles nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo e Pontevedra con capacidade para edificar nelas máis de 1.000 novas vivendas

17/11/22 | 16:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou con case 33.000 euros a recuperación de dous inmobles como locais sociais en Castro de Rei

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Vicepresidencia segunda axudou a reformar senllos recintos para o desfrute da veciñanza nos núcleos de Barxa, da parroquia de Santa Locaia, e A Anoca, en San Martiño de Goberno

17/11/22 | 16:10

A Xunta supervisa os terreos que cederá o Concello de Mos para construír vivendas de promoción pública

Trátase dunha parcela de 2.000 m2 na que o IGVS se compromete a impulsar novas VPP destinadas aos veciños inscritos no Rexistro único de demandantes de vivenda

17/11/22 | 15:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor os programas educativos do instituto de Brión a través da súa biblioteca escolar, na que investiu 50.000 € en equipamento e melloras

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita as recén remodeladas e ampliadas instalacións deste espazo de lectura

17/11/22 | 15:10

Galicia aposta pola incorporación das novas tecnoloxías aos labores de control e estudo do medio mariño e terrestre

Rosa Quintana destaca que dispositivos como os drons constitúen unha solución para optimizar o salvamento marítimo, a loita contra a contaminación mariña accidental e o furtivismo e a preservación dos ecosistemas fluviais e costeiros