Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

24/05/22 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece cinco incendios nos concellos de Covelo, A Lama e Porqueira

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 27 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

20/05/22 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta actualiza o Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia para garantir este verán a cobertura das emerxencias nas zonas de baño da comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión na que se creou o comité asesor do Sapraga

20/05/22 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza hoxe unha proba das cinco sirenas de aviso á poboación na presa de Eiras

A proba comezou ás 11,30 horas da mañá e as sirenas escoitáronse nos concellos de Fornelos de Montes, Ponte Caldelas, Soutomaior e Pontevedra, pero sen afectar á actividade diaria da veciñanza

19/05/22 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza nos concellos de Santiago de Compostela e Ames un simulacro de incendio forestal para ensaiar a coordinación dos efectivos de emerxencias mobilizados

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participaron neste exercicio que permitiu probar a activación do Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga)

19/05/22 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ten escolarizados a 199 nenos e nenas ucraínos en centros educativos dunha trintena de concellos da provincia de Pontevedra

O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou aos 32 cativos matriculados no Colexio Plurilingüe San Narciso, que acolle ao maior grupo de toda a provincia

18/05/22 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O IES Lois Peña Novo de Vilalba colabora con Cruz Vermella na posta a punto dun vehículo para intervir en emerxencias

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, visitou o centro para coñecer o resultado da iniciativa, na que traballou alumnado de Formación Profesional para o emprego e dos ciclos formativos do IES

18/05/22 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 289.000€ a contratar 86 socorristas para vixiar as piscinas e praias fluviais de 57 concellos da provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que o Goberno galego coopera coas entidades locais para cubrir estes postos no verán, durante un período de dous meses

15/05/22 | 13:09 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración
12/05/22 | 17:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e CEP analizan o papel das empresas na xestión das grandes emerxencias e catástrofes

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da AXEGA, Marcos Araújo, recibiron no CIAE 112 Galicia a membros da Confederación de Empresarios de Pontevedra, que coñeceron de primeira man o sistema galego de resposta ás chamadas de emerxencia