Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

13/11/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 500.000 euros na modernización de 16 cines en 15 localidades das catro provincias

Os proxectos desenvolveranse en salas cinematográficas da Coruña, A Estrada, Caldas de Reis, Carballo, Ferrol, Lugo, Monforte, Narón, Ourense, Pontevedra, Ribeira, Santiago, Vilagarcía, Vigo e Viveiro, que suman 86 pantallas e preto de 16.500 butacas

11/11/22 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica dez bolsas de formación para a investigación en humanidades no Centro Ramón Piñeiro

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se conceden estas axudas

11/11/22 | 14:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta o bo arranque da campaña do Bono Cultura da Xunta que leva mobilizados máis de 200.000 € na súa primeira semana

No Día das Librerías, o conselleiro de Cultura visita a librería Cronopios e fai balance dos primeiros días da iniciativa de descontos do Goberno autonómico

11/11/22 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC culmina con ‘Camiños III’ a triloxía de exposicións vinculadas ao camiñar nas que participaron máis de 40 artistas

Poderá visitarse no museo compostelán ata o 21 de maio e súmase ás outras dúas mostras que permanecen abertas de Claudio Zulian e Raniero Fernández

11/11/22 | 11:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta premia os traballos gráficos e audiovisuais de centros escolares de Santiago de Compostela e Cee no concurso convocado polo 25-N

O xurado recoñeceu o valor das propostas presentadas nas que primaron as mensaxes de concienciación e prevención da violencia de xénero e de denuncia desta lacra

10/11/22 | 18:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reúne a mestres como Hockney, Turner, Constable, Rousseau ou Courbet para pechar 2022 coa maior exposición internacional deste Xacobeo

‘Camiños creativos’ é unha das principais citas expositivas deste outono en España e exhibe na Cidade da Cultura máis dun centenar de obras do século XVIII ata a actualidade procedentes dunha trintena de museos e coleccións de Europa
 

10/11/22 | 15:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
10/11/22 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora na publicación dunha antoloxía sobre os 25 anos de historia do certame de poesía de Carral

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde, Javier Gestal, presentan o libro