Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 169 novas da área temática Consumo:

18/12/20 | 19:07 | C. de Economía e Industria

Unha trintena de obradoiros de Artesanía de Galicia participan en Santiago na feira creativa do Mercado da Estrela

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a novena edición deste evento que se celebra ata o domingo 20 de decembro coa colaboración da Xunta

16/12/20 | 18:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega información a autónomos e pemes sobre as axudas e os préstamos destinados aos sectores máis afectados pola actual situación económica

O director do Igape, Fernando Guldrís, e os directores xerais de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron hoxe nun encontro dixital centrado nos últimos programas de axudas dirixidas a estes colectivos

15/12/20 | 12:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia a través dun Catálogo de Nadal

A Fundación Artesanía de Galicia recolle nunha publicación online as propostas de 111 obradoiros da marca para fomentar as compras durante estas datas

19/11/20 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con máis de 250.000 euros a 8 asociacións e federacións de comerciantes da área de Santiago para impulsar a competitividade do sector

A Xunta colaborará con cinco centros comerciais abertos, coa praza de abastos de Padrón e con dúas federacións

11/11/20 | 11:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta premia as mellores iniciativas para promover o consumo responsable nos centros educativos

No certame escolar Consumópolis, que nesta edición se centrou en como os actos de consumo poden cambiar o mundo, resultaron gañadores centros de Pontevedra, Vigo, Zas, Cospeito, Ferrol e Santiago

22/10/20 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima a mercar nas florarías locais de cara á campaña de Defuntos e a adiantar as compras para evitar aglomeracións

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron hoxe o establecemento El Jardín de Juan XXIII, onde sinalaron a importancia de conciliar a tradición coas necesarias medidas de prevención

13/10/20 | 11:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica os domingos e festivos nos que as grandes superficies comerciais poderán abrir no 2021

Como cada ano, trátase de dez días que foron consultados pola Administración autonómica coas principais organizacións do comercio dos consumidores

15/09/20 | 12:44 | C. de Economía e Industria

Unha nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego busca poñer en valor o sector ao tempo que se dinamizan as vendas

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na presentación da campaña, que a Xunta impulsa ata o 30 de setembro en colaboración coa Federación Galega de Comercio

10/09/20 | 11:18 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa no Festival da Luz o consumo dos 36 produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade

A Consellería do Medio Rural pon a disposición do evento os Menús da Luz, que se poden adquirir xa na súa web ou de xeito presencial o propio sábado