Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 252 novas da área temática Comercio:

23/09/21 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta distribuíu 2,5M€ de axudas dos concellos a máis de 2.400 hostaleiros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe que 64 municipios se adheriron ao convenio para que o Goberno galego adiantase a través da súa plataforma as contías dos concellos aos seus propios hostaleiros co obxectivo de simplificar os trámites e axilizar os pagos

21/09/21 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A exposición 'Próxima Parada' réndelles homenaxe ás mulleres peregrinas e ao comercio local co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe á presentación desta mostra de esculturas de peregrinas que se estende polos escaparates de 12 locais do casco histórico compostelán rexentados por mulleres

21/09/21 | 13:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia iniciativas como Eprox Marketplace para incentivar a comercialización en liña dos negocios de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en San Cibrao das Viñas as instalacións desta empresa que xa presta servizo a máis de 600 comercios locais

20/09/21 | 14:31

Preto de 900 traballadores fórmanse en comercio electrónico a través do programa da Xunta 'Autónomos Dixitais'

A directora de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago de Compostela nun webinario no que ofreceu información sobre a iniciativa autonómica dirixida a brindar ás persoas autónomas os coñecementos precisos para reactivar os seus negocios

20/09/21 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca no Valadouro as axudas da Xunta á hostalería, coa convocatoria de catro novas liñas este mes

O delegado territorial da Xunta en Lugo lembra que se distribuíron 53.600 euros en 22 axudas neste municipio ao abeiro dos Plans de rescate e o programa para a reforma de terrazas

13/09/21 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 6 M€ para apoiar aos hostaleiros na instalación de equipamentos poscovid

Esta liña de axudas financia a compra de medidores da calidade de aire, unha das medidas incluídas no protocolo da hostalería que entrará en vigor o mércores

11/09/21 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove o traballo de 40 obradoiros da marca Artesanía de Galicia no centro histórico de Compostela

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá o evento ‘Artesanía de Galicia en Compostela’, que se celebra durante toda a fin de semana no claustro de San Martiño Pinario

04/09/21 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a divulgación dos oficios artesanais galegos na 39 Mostra de Artesanía do Couto

A Fundación Artesanía de Galicia patrocina tres obradoiros de iniciación á olería, á cestería e á estampaxe manual, que se celebrarán mañá domingo en Ponteceso no marco da programación do Festiletras

30/08/21 | 11:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre unha nova liña de axudas para impulsar as plataformas de venda online de produtos agroalimentarios no rural galego

A convocatoria está destinada a concellos de menos de 10.000 habitantes, federacións de comerciantes e Grupos de Desenvolvemento Rural, os cales poden presentar as súas solicitudes a partir de mañá martes 31 de agosto