Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

28/09/22 | 12:44 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a participación da Xunta a través da sociedade Impulsa Galicia para crear unha planta de transformación de xurro e outros residuos gandeiros en biometano e fertilizantes orgánicos

O presidente destaca que este proxecto no que están implicadas Reganosa, Repsol e Naturgy contará cun investimento de 146 M€ e creará 600 postos de traballo, entre directos e indirectos
 

28/09/22 | 11:13 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor en Lleida as máis de 9.300 hectáreas que están sendo mobilizadas a través da lei de recuperación da terra agraria de Galicia

Inés Santé puxo en valor os 21 polígonos de iniciativa pública e as 21 aldeas modelo existentes en Galicia a día de hoxe, mediante os cales se están a beneficiar máis de 9.600 propietarios de máis de 35.000 parcelas

27/09/22 | 11:10 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 6 M€ en axudas para fomentar a utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente convocatoria destas achegas, cuxo obxectivo é mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a reestruturación e modernización das mesmas

24/09/22 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa no desenvolvemento dun polígono agroforestal no concello de Bóveda que porá en valor case 52 hectáreas

Este polígono, que se atopa en fase de actuacións previas, está dividido en 292 parcelas correspondentes a 200 propietarios
 

21/09/22 | 15:57 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza a próxima presentación da Estratexia de dinamización do sector cárnico para impulsar a produción e o consumo

José González recordou que esta folla de ruta virá perfilar os eixes estratéxicos e accións que deben implementarse deica o ano 2030, en colaboración coa Fundación Juana de Vega e contando coas distintas vertentes do sector
 

20/09/22 | 14:23 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria da Graña-Campo, no concello de Covelo, tras reorganizar unha superficie de máis de 600 hectáreas e investir máis de 3 M€

Jose González destacou que, grazas a este traballo, pasouse de 13.728 predios a 1.379 fincas, o que supuxo multiplicou por dez a superficie media das parcelas finais

19/09/22 | 18:03 | C. do Medio Rural

A Xunta rexeita a pretensión da Comisión Europea de equiparar as explotacións de vacún de máis de 150 UGM coas grandes industrias en materia de contaminación

Así o manifestou o conselleiro do Medio Rural na súa participación, por videoconferencia, no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios, sumándose á postura defendida polo Ministerio de Agricultura e por países como Francia

19/09/22 | 09:53 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 1,4 M€ en axudas aos apicultores galegos para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de axudas para a asistencia técnica tanto a persoas como a organizacións apicultoras e a loita contra as agresións e enfermidades da colmea