Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

16/07/21 | 15:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/07/21 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 305.000 euros 5 actuacións para reducir o risco potencial de inundación nos concellos de Padrón e de Valga

Trátase de redactar os proxectos construtivos para minimizar o risco de asolagamento nestes municipios, previstos por Augas de Galicia no marco do Plan de xestión específico para a área fluvial dos ríos Ulla e Sar, declarada de risco potencial de inundación

16/07/21 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que en setembro estará rematada a mellora da seguridade na estrada AC-552 en Arteixo, cun investimento da Xunta de 2 M€

Vázquez Mourelle explica que a actuación xa supera o grado de execución do 50%, polo que se poderá adiantar o seu remate varios meses sobre o inicialmente previsto

15/07/21 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 263.000 euros a redacción do proxecto da nova depuradora de Cee e Corcubión

A construción da nova depuradora, cun prazo de execución de 12 meses, enmárcase na 2ª fase do Plan de saneamento da ría Cee-Corcubión que está a impulsar o Goberno galego

15/07/21 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá preto de 140.000 euros na redacción do proxecto construtivo do novo bombeo e depósito de retención de recheo en Poio

Realizarase un estudo de alternativas, anteproxecto e proxecto para a execución dun tanque de tormentas nas inmediacións do bombeo de Recheo e unha nova impulsión que permita regular o caudal cara á estación de bombeo de augas residuais de Froiz sen pasar pola estación de Saíñas

15/07/21 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta porá en marcha o luns unha nova liña circular de autobús que mellorará as conexións de Cambre e de Culleredo coa praia de Santa Cristina, en Oleiros

A nova liña, con cabeceira na Barcala e percorrido circular polo Burgo, funcionará durante os meses de xullo e agosto

14/07/21 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de construción dunha senda peonil na estrada PO-300 en Ribadumia, cun investimento de 48.000 €

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, David Castro, asistiu ao inicio dos traballos, que se levarán a cabo nun treito de 115 metros

14/07/21 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Zas na mellora da piscina municipal e das instalacións anexas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, coñeceu hoxe as melloras financiadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, que conta cun orzamento de 4M€

14/07/21 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da rede de saneamento e da nova depuradora de Lousame

A nova depuradora dará servizo aos núcleos de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa

14/07/21 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas