Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

27/07/21 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo da seguridade viaria nun treito da Vía da Plata coincidente coa estrada autonómica na OU-113 ao seu paso por Sarreaus

Gabriel Alén explicou que nesta actuación, encamiñada a favorecer a seguridade, a comodidade e a experiencia do peregrinos, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 34.000 euros

27/07/21 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia en Pedrafita as actuacións de mellora da seguridade de 36 puntos do Camiño na provincia de Lugo, ás que destina 466.800 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o Goberno galego acometerá traballos de reforzo da sinalización e mellora da accesibilidade para facilitar unha mobilidade máis segura en treitos da ruta que conflúen con vías autonómicas

27/07/21 | 11:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 800.000 € as obras de mellora do firme en 3 estradas nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé comezar os traballos na segunda quincena de agosto, co obxectivo de telos rematados este mesmo ano

26/07/21 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Oleiros urxen ao Goberno de España a autorizar a conexión da vía ártabra coa AP-9 para poder retomar as obras o antes posible

A necesidade de retranquear unha liña de media tensión e unha canalización de gas impiden actualmente o avance físico dos traballos, que poderían retomarse de contar co visto e prace para executar a conexión coa Autoestrada do Atlántico

26/07/21 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta espera que o Estado aplique de maneira inmediata as bonificacións da AP-9 porque os galegos non poden seguir agardando

O vicepresidente primeiro, asistiu esta maña na Coruña ao acto de presentación das bonificacións da AP-9 onde indicou que a Xunta celebra que o Goberno comprendese a postura da Xunta

26/07/21 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma mañá as obras de mellora do firme da autovía AG-64 na provincia de Lugo, que farán necesarios desvíos de tráfico

Os traballos na autovía que conecta Vilalba con Ferrol obrigan ao corte dunha calzada da autovía, de modo que o tráfico en sentido As Pontes será desviado pola estrada LU-861

26/07/21 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 2,1 millóns de euros na mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na parroquia de Santo André de Xeve, en Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación dos proxectos para actuar na intersección entre as estradas autonómicas PO-223 e PO-224 e para a construción dunha senda peonil

24/07/21 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle ao Concello de Vigo a posta á disposición dos terreos necesarios para executar as conexións e espazos libres do Campus do Mar da ETEA

O director da Axencia Galega de Infraestruturas informou por escrito á concelleira de Urbanismo do progreso na redacción do proxecto construtivo e da necesidade de contar cos terreos antes a contratación das obras

23/07/21 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As afeccións das liñas de gas e de media tensión e a falta de autorización do ministerio de Transportes obrigan a unha suspensión temporal das obras da vía Ártabra

As afeccións aos servizos de media tensión e da liña de gas, unidos á falta de permiso para continuar coa conexión coa autoestrada de titularidade estatal impiden, neste momento, seguir coa execución dos traballos na traza

23/07/21 | 14:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sufraga melloras na escola infantil de Mos-Porteliña por un importe de 47.000 euros

Actuarase sobre a ventilación, a iluminación e o illamento térmico do equipamento