Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A profesora Iria Collazo gaña a primeira bolsa do programa de intercambio de escritores entre Galicia e Xeorxia
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, felicitouna polo seu proxecto, seleccionado entre as dez candidaturas presentadas
A Xunta apoia a internacionalización do audiovisual galego con axudas para a difusión en foros e festivais
Agrúpanse nunha mesma convocatoria, publicada hoxe no DOG, as subvencións para a promoción de traballos seleccionados en recoñecidos certames dunha vintena de países e para a asistencia a mercados profesionais
O DOG publica a orde de axudas a escritores, ilustradores e tradutores para participar en festivais e feiras do libro
Os profesionais poderán recibir entre 250 e 1500€ dependendo do destino e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2021
Xunta e Goberno retomarán os contactos con Icomos en setembro e ampliarán o grupo de traballo na candidatura da Ribeira Sacra
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou no Parlamento de Galicia as actuacións que porán en marcha os técnicos do Ministerio e da Consellería de Cultura para avanzar na declaración como Patrimonio Mundial deste territorio
O Rexistro de Bibliotecas da Xunta de Galicia incorpora máis de 23.000 novos títulos dos centros bibliotecarios de Cenlle, Exponav e a Fundación Granell
O Goberno galego vén de autorizar a súa inscrición tras recibir a petición por parte das propias entidades e comprobar que cumpren os requisitos recollidos na normativa
A Xunta abre unha nova liña de axudas de 1M€ para impulsar unha vintena de concertos no Xacobeo 21-22
Os espectáculos musicais desenvolveranse en municipios de máis de 15.000 habitantes ou de interese turístico para contribuír á reactivación da cultura
Anxo M. Lorenzo salienta o impacto da figura de Pérez Lugín e da Casa da Troia na literatura e na novela estudantina
O secretario xeral de Cultura participou na inauguración da mostra ‘Lugín en Compostela. 150 anos do seu nacemento’ no Museo da Casa da Troia co que a Xunta de Galicia vén de renovar a súa colaboración anual
A Xunta introduce apoios específicos ás produtoras audiovisuais no programa de financiamento para pemes
Os directores do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, reuníronse co Clúster Audiovisual Galego e coa Asociación Galega de Produtoras Independentes para avanzarlles as condicións especiais destas axudas para as empresas do sector
A Xunta incrementa un 33% os fondos da nova edición do programa ‘Cultura no Camiño’ para concellos de toda Galicia
O DOG publica hoxe as bases destas subvencións ás entidades locais, cun orzamento de 1M€ co obxectivo de fomentar a reactivación cultural no marco do Xacobeo 21-22
A Xunta salienta a capacidade da MITEU para atraer a compañías nacionais e internacionais na súa 26ª edición
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación desta cita que este ano se celebra entre o 1 e o 15 de xullo con 24 representacións en espazos singulares de Ourense