Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
‘O país das bandas’ percorrerá Galicia cun cento de concertos de 77 agrupacións dentro do Xacobeo 21-22
A Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares promoven esta extensa programación, que se desenvolverá entre os meses de xullo e setembro coa participación de máis de 3600 músicos
A Xunta festexa hoxe o Día da música con cinco concertos nos espazos exteriores da Cidade da Cultura
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre porán o peche a este micro festival, que esgotou todos os convites o mesmo día en que se activaron, e no que actúan o oscarizado compositor galego Nico Casal, o grupo vasco Kalakan, o portugués André Henriques e a cantaora andaluza Rosario la Tremendita
A Xunta leva a Ribadavia un percorrido polas denominacións de orixe e indicacións xeográficas do viño de Galicia a través da mirada de Xurxo Lobato
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe esta mostra que forma parte da programación cultural do Museo do Viño de Galicia
A Xunta e a Fundación Repsol renovan a súa colaboración no impulso da lingua galega a través da XV edición do Premio de Narrativa Breve
O galardón esta dotado con 12.000€ e a publicación da obra na Editorial Galaxia
O novo programa 'Propulsa' da Xunta levará a danza de 30 compañías a 27 espazos singulares de toda Galicia
Román Rodríguez presenta esta nova iniciativa de difusión das artes do movemento conxuntamente coa paisaxe e o patrimonio
Valentín García subliña a importancia do Camiño de Santiago no fomento da lingua galega, con motivo da presentación dunha guía sobre o itinerario portugués
O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ‘Un galego no Camiño Portugués’, un traballo de Xosé Benito Reza editado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo
A Fundación Cela remata hoxe o ciclo 'Mazurca para dous poetas' que visibiliza aos novos talentos
A iniciativa, na que se unen literatura e música ao aire libre, contará esta tarde coa participación de Berta García Faet, Juan Andrés García Román e o grupo Chicharrón
A Xunta abre o prazo para solicitar praza nos 13 novos másteres de FP e en 99 proxectos de Dual
Tamén se inicia o período de solicitude para os ciclos formativos do réxime ordinario, modular para as persoas adultas e programas formativos básicos
A Xunta e a Cámara de Comercio de Santiago forman a medio centenar de mozos emprendedores do eido cultural e creativo
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a importancia de “apoiar e mellorar a competitividade do sector cultural e dos seus profesionais, especialmente no caso dos mozos e mozas que procuran novas oportunidades de capacitación”