Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas das provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra
Este luns iniciaranse novos traballos nas marxes da vía Mosqueiros (AP-53)- Santa Lucía (N-525), en Santiago; na estrada LU-172, en Muras; e na Variante de Marín, entre Lourizán e Ardán
A Xunta licita por máis de 811.000 € a explotación das estacións de autobuses de Monforte de Lemos, Sarria e O Barco de Valdeorras
As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de setembro
A Xunta adxudica por máis de 6 M€ a redacción dos proxectos do novo CHUAC
O contrato adxudicado, para a redacción dos documentos técnicos e da tramitación urbanística e ambiental, posibilitará a posta en marcha das próximas fases do novo CHUAC, que suporá un investimento global da Xunta de máis de 431 M€
A Xunta financia obras de mellora na escola infantil de Cangas-A Choupana por máis de 50.000 euros
A intervención consistirá, fundamentalmente, no arranxo da cuberta exterior e da porta e do valado de entrada; así como na reforma do baño da aula de 2-3 anos e na revisión tanto da instalación eléctrica como do sistema de incendios
Ethel Vázquez avanza que este mes quedará rematada a senda de Láncara na que a Xunta inviste 870.000 euros, tras a reapertura hoxe da ponte de Valdriz
Vázquez Mourelle destaca que hoxe se restablece a circulación na ponte sobre o río Neira, xa que as obras de ampliación da plataforma fixeron necesario pechar o tráfico
As familias numerosas xa poden rexistrarse na web da concesionaria das autoestradas autonómicas para beneficiarse das bonificacións que entrarán en vigor a vindeira semana
A unidade familiar, que deberá estar en posesión dun título de familia numerosa en vigor, deberá cubrir a solicitude de alta na páxina web www.autoestradas.com
A Xunta publica a convocatoria do concurso de ideas para a construción da nova sede do Imelga en Santiago
As obras terán un orzamento de 4,3M€ para dotar ao organismo dunha sede de referencia en Galicia cunhas instalacións modernas e adecuadas para a medicina forense e a atención ás vítimas de agresións sexuais
Ethel Vázquez destaca o investimento de máis de 200.000 euros na mellora da seguridade viaria das estradas da Xunta no camiño de Fisterra
Vázquez Mourelle explica que a intervención na AC-445 se acomete nun treito de 400 metros, no acceso á praia de Talón, onde o Camiño de Fisterra discorre paralelo á vía
Ethel Vázquez informa ao alcalde de Oza-Cesuras do inicio a próxima semana das obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840 entre Porzomillos e Oza
Vázquez Mourelle trasládalle ao rexedor que este martes tivo lugar o levantamento de actas de ocupación das expropiacións
As intervencións, cun investimento autonómico de 454.000 euros, consistirán na construción dunha nova senda peonil e ciclista e na reordenación dunha intersección
Gabriel Alén supervisa o comezo das obras de acondicionamento da estrada OU-525 na contorna dos polígonos de San Cibrao das Viñas e de Barreiros
O delegado territorial lembrou que esta obra foi licitada pola Xunta cun investimento de case 3,6 millóns de euros, tendo previsto un prazo de execución de 12 meses