Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O blog 'A escola infantil na casa' posto en marcha pola Xunta rexistra máis de 33.000 visualizacións na súa primeira semana de funcionamento
Esta ferramenta permite que as nenas e nenos de 0 a 3 anos teñan material educativo que dea continuidade ás dinámicas das escolas infantís
A Xunta ofrece prazas na residencia pública do Carballiño a todas as persoas maiores usuarias das vivendas comunitarias Burón I e II
Neste centro da Administración autonómica poderán recibir a atención sociosanitaria que precisan
A Xunta garante o pago e facilita a tramitación das axudas sociais para as persoas que máis o necesitan durante a emerxencia sanitaria
Aboará con normalidade o importe da Renda de inclusión social de Galicia (Risga), a Pensións non contributivas (PNC) e as Axudas de inclusión social (AIS)
A Xunta amplía o servizo de videointerpretación para garantir ás persoas xordas o acceso aos teléfonos de emerxencia durante o confinamento
O seu funcionamento esténdese ás 24 horas do día todos os días da semana durante o estado de alarma
A Xunta intervén a residencia de Nuestra Señora de Fátima do Barco de Valdeorras para convertela en residencia integrada
Tómase esta decisión para garantir a calidade asistencial tralo elevado número de positivos por coronavirus
A Xunta lanza un Servizo de Axuda no Fogar extraordinario para responder a situacións de emerxencia durante o tempo que dure a alerta sanitaria causada polo COVID-19
Asígnanse 500.000 novas horas mensuais aos Concellos para o coidado a domicilio das persoas con necesidades asistenciais
Política Social prorroga a vixencia dos títulos de familia numerosa e dos certificados das monoparentais ata que remate o estado de alarma
Non será necesario que as familias renoven os seus documentos ata tres meses despois do levantamento das medidas
Fabiola García asegura que Galicia non deixará de pelexar contra a pandemia e non vai dar nin unha soa vida por perdida
O Goberno galego defende que actuou con prevención e contundencia desde a declaración de emerxencia sanitaria e seguirao facendo naqueles casos que sexa necesario
O Goberno galego reforza o Servizo de Axuda no Fogar para responder á situación de emerxencia durante o tempo que dure a alerta sanitaria polo COVID-19
O presidente da Xunta resalta que os usuarios non deberán pagar nada e que con estas novas horas de axuda poderase atender a 12.500 fogares, sumándose aos 24.000 aos que Galicia xa atende na actualidade todos os días
As persoas voluntarias do teléfono social da Xunta comezan o seu labor de apoio e acompañamento a aqueles que o necesiten
Preto dun centenar de inscritos realizarán asistencia telefónica a aqueles que se sintan sós, de xeito preferente a persoas maiores