Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

13/05/20 | 15:27 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia é a única das nove comunidades consideradas infrafinanciadas no reparto do 0,7% do imposto da renda cuxa asignación non crece este ano

O propio Goberno central recoñeceu o ano pasado que había nove comunidades autónomas, entre elas Galicia, que estaban a recibir menos do que lles correspondía

12/05/20 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta enviou 60 teléfonos móbiles e tablets a centros residenciais lugueses para facilitar a comunicación dos usuarios coas familias

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que foron cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía Orange, a Fundación Profuturo e La Caixa

12/05/20 | 13:15 | C. do Medio Rural

A Xunta doa ao Banco de Alimentos de Ourense máis de 45 toneladas de produtos do agro galego ao abeiro da rede Mercaproximidade

As cesións, que comezan hoxe, inclúen patacas, ovos, mel, queixos e numerosas pezas de carne de cabrito, cordeiro, porco celta e Ternera Gallega

11/05/20 | 12:03 | C. de Política Social e Igualdade

As entidades sociais poderán solicitar desde mañá as axudas da maior convocatoria para inclusión social da historia

Conta cun orzamento de 18,3 millóns de euros, un 22% máis que a convocatoria anterior

11/05/20 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Díaz Mouteira subliña que o SAF extraordinario promovido pola Xunta durante a crise do coronavirus supón un incremento na provincia de Ourense de 69.000 horas de atención e coidado

A Xunta destina 720.000 euros mensuais ao reforzo do Servizo de Axuda no Fogar nos concellos ourensáns, investimento que se suma aos 10,5 millóns de euros achegados anualmente para atender a máis de 2.900 usuarios

11/05/20 | 11:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os centros residenciais da provincia da Coruña recibiron 156 teléfonos móbiles e tablets para facilitar a comunicación durante o confinamento

Estes dispositivos foron cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía telefónica Orange, a Fundación Profuturo e La Caixa

09/05/20 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece o traballo de Cruz Vermella para protexer aos máis vulnerables durante a emerxencia sanitaria

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes da entidade en Galicia

07/05/20 | 14:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reitera ao Goberno central que faga públicos os datos do impacto do coronavirus nas residencias, dos que dispón desde hai un mes

Galicia, igual que o resto de comunidades, envía esta información dúas veces por semana ao Ministerio de Sanidad

06/05/20 | 14:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta advirte que o reparto dos fondos do 0,7% do IRPF é once veces peor para Galicia que para as demais comunidades

Todas as comunidades autónomas verán incrementada a súa asignación por riba do 11% mentres en Galicia, Castela e León, Cataluña e Madrid tan só se actualiza en base á inflación: un 0,9%

06/05/20 | 11:11 | C. do Medio Rural

A Xunta continúa hoxe coas doazóns ao abeiro de Mercaproximidade e entrega produtos do agro galego á asociación viguesa Vida Digna

O Goberno galego segue así comprando alimentos para distribuír non só en entidades e comedores sociais, senón tamén en hospitais da comunidade