Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Transporte:

23/11/22 | 15:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa vertebración interior de Galicia coa apertura do primeiro tramo da autovía Nadela-Sarria tras un investimento de 25 M€

Resalta as vantaxes na mobilidade para unha media de 7.500 vehículos ao día que percorren os 11 km que se abren ao tráfico no sur da provincia de Lugo

22/11/22 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da nova vía de conexión coa aldea de Fafián, un investimento de 860.000 € que supón o 1º paso da variante de Ribeira

Vázquez Mourelle destaca que a intervención, licitada por case 574.000€, comezará a principios da primavera e terá un prazo de execución de 12 meses
 

22/11/22 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución das obras do treito da VAC Tui-A Guarda, entre os enlaces da autovía A-55 e Areas, fará necesario un corte de tráfico na madrugada de mañá

 Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo desde as 22 horas de mañá
 

21/11/22 | 15:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca ao Concello de Vigo para que aclare cando finalizarán as obras do Halo e abrirá o túnel de Lepanto para liberar o acceso á estación de autobuses

A comisión de seguimento da intermodal de Urzaiz reúnese este martes a petición do Goberno galego para confirmar o 5 de decembro como data de apertura

21/11/22 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Alumnos do Mestrado de Exeñería Ambiental da USC coñecen da man da Xunta o funcionamento da depuradora dos Praceres, en Pontevedra

Os estudantes da Universidade de Santiago visitaron hoxe as instalacións da planta de tratamento de augas residuais, onde se lles explicaron as melloras realizadas para mellorar o seu funcionamento, cun investimento autonómico de 16,5 M€

21/11/22 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da nova senda na estrada AC-524 en Frades, que suporán un investimento da Xunta de 242.000 euros

Habilitarase un itinerario peonil de 770 metros pola marxe esquerda da vía, que permitirá desprazamentos máis cómodos e seguros entre os núcleos de Pibideira, O Pazo e Sobre dos Campos e continuar pola senda actual da travesía da Abellá

21/11/22 | 12:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
20/11/22 | 15:49

A Xunta licitará os traballos técnicos da urbanización do parque empresarial de Morás por máis de 270.000 €

Trátanse dos contratos para a dirección da obra, o control de calidade e a coordinación de seguridade e saúde do polígono C, que ocupará unha superficie de 227.557 m2

20/11/22 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Ribadavia e do Porriño

As novas intervencións realizaranse na estrada OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo, e na PO-331 ao paso polo concello do Porriño

19/11/22 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Cervo colaboran na mellora da estrada das Quintás, que favorecerá desprazamentos máis cómodos e seguros cun investimento conxunto de 1 M€

Ethel Vázquez destaca que a actuación reducirá o tránsito polo núcleo urbano, facilitará o acceso cara a Sargadelos e permitirá reservar a ponte sobre o río Xunco para o tránsito peonil