Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

31/10/21 | 11:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O uso de software libre nas empresas tecnolóxicas galegas segue a medrar, e xa son 9 de cada 10 as que optan por este tipo de produtos

O 90,6% das empresas TIC galegas emprega software libre, que aumentou a súa presenza un 3,9% nos últimos catro anos

29/10/21 | 21:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel do Cesga como colaborador no ecosistema de I+D+i e os sectores estratéxicos da economía galega na actual transición dixital

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, onde o Centro de Supercomputación de Galicia resultou premiado na categoría de Iniciativa da Administración polo seu proxecto Quantum Computing

27/10/21 | 14:04 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Xa está aberto o prazo de inscrición para o encontro galego de Ciberseguridade Ciber.gal, que se celebrará os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura

Abordará a concienciación en ciberseguridade a todos os niveis con actividades destinadas ao tecido empresarial, á cidadanía e ás Administracións Públicas

26/10/21 | 13:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o labor de empresas como Galvintec no impulso da competividade das pemes a través do comercio electrónico

Heredia pon en valor a importancia de traballar para contribuír ao desenvolvemento, dinamización, expansión e competitividade do pequeno comercio, ao mesmo tempo que avogou pola colaboración público-privada para seguir contribuíndo nesta evolución do sector

26/10/21 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na dixitalización e a sostibilidade as claves para a transformación do tecido produtivo galego

Conde destacou a importancia da colaboración público-privada para que a recuperación chegue ás pemes e autónomos, así como a necesidade de que o Goberno ofreza certezas sobre os prazos e os criterios de selección á hora de aplicar os fondos europeos

23/10/21 | 13:33 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta publica a licitación do acordo marco para mobilizar 30 millóns de euros en solucións baseadas en tecnoloxías avanzadas

A plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou o venres a licitación do acordo marco para contratos do sector público galego de servizos que requiran da aplicación de tecnoloxías disruptivas

21/10/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta rematará no 2022 a dixitalización e a implantación de sistemas de videoconferencia en todos os xulgados galegos

Na presentación da “X Xornada de informática xudicial e delitos informáticos, IuristicGal”, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, reafirmou o compromiso do Goberno galego coa modernización da xustiza para afrontar “os novos retos” na súa xestión e administración

A directora da Amtega destacou destacou que Galicia ten en marcha a Estratexia Dixital 2030, que no ámbito xudicial aposta por consolidar o Expediente Xudicial Electrónico pola aplicación da intelixencia artificial e a intelixencia do dato para mellorar a eficiencia e a seguridade da Xustiza

21/10/21 | 12:14 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega pon en marcha a quinta edición do programa 'Tecnólog@ por un día' con máis de 60 prazas para estudantes de 12 a 17 anos

Dende hoxe e ata o 3 de novembro os docentes dos centros educativos poden inscribir aos seus alumnos e alumnas no programa

18/10/21 | 17:58 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Máis dun 13% das empresas galegas conta con perfís dixitais

Galicia ocupa a segunda posición estatal en empresas que contratan especialistas en Intelixencia Artificial

13/10/21 | 11:17 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca por primeira vez axudas para facilitar a actualización informática das organizacións profesionais e asociacións agrarias

O DOG publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural, dotada con 150.000 euros