Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

12/09/22 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1 M€ á mellora das redes de distribución eléctrica do polígono industrial de Val do Dubra

Este Concello recibirá outros 357.000 euros para poñer en marcha un viveiro empresarial e para mellorar os accesos á súa parcela de equipamentos

12/09/22 | 13:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o interese da multinacional Kern Pharma por asentarse en Galicia como unha demostración do potencial da Comunidade no sector farmacéutico

Avanza o pleno apoio da Xunta a este proxecto que prevé xerar 50 postos de traballo directos logo dun investimento inicial de 33 M€
 

07/09/22 | 16:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta que o novo recoñecemento obtido pola Business Factory Auto avala a aposta da automoción galega pola innovación

O director do Igape, Fernando Guldrís, asiste en Salamanca á feira do emprendemento Startup Olé 22, onde esta aceleradora impulsada pola Administración autonómica obtivo o Premio Best Hub
 

06/09/22 | 16:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a Semana da Moda de Vigo na que participan 30 comercios da Asociación Zona Náutico

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destacaron da iniciativa o seu dobre obxectivo de dinamización das vendas e visibilidade do comercio de proximidade

05/09/22 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia agarda que o futuro centro Nasas Nigrán contribúa ao crecemento do polígono empresarial Porto do Molle e da actividade comercial da contorna

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá as obras do novo centro comercial

01/09/22 | 16:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia subliña en Lalín a aposta innovadora de Megodeza

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións desta empresa, a oitava máis grande do sector frigorista en toda España
 

28/08/22 | 10:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobiliza 4 M€ en reforzar os clústeres como impulsores da competitividade e a innovación das pemes galegas

O Igape resolve a convocatoria do programa de axudas ás asociacións empresariais innovadoras, cooperando desta volta con 11 dos principais clústeres galegos para facilitar o impulso tecnolóxico, a innovación e a captación de novas empresas mediante o seu fortalecemento

24/08/22 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a implantación e consolidación de empresas coa construción de sete viveiros industriais

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, subliña que estas axudas, que suman 1,68M€, suporán un importante apoio para novos empresarios nas súas primeiras etapas de actividade

22/08/22 | 12:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia estuda co sector da coxeración medidas que lle permitan manter a competitividade industrial

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, reuniuse por videoconferencia cos representantes da Asociación Española para a Promoción da Coxeración (Cogen España) e a Asociación Española de Coxeración (Acogen) onde avaliaron as repercusións que está tendo a exclusión deste sector do mecanismo de excepción ibérica por parte do Goberno central

20/08/22 | 14:00 | C. de Economía e Industria

Conde sinala en Sober o papel da artesanía como dinamizador económico do rural galego

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou o encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, organizado pola Xunta para impulsar a comercialización do produto artesán galego e achegar os oficios á sociedade