Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

13/06/22 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coordina un simulacro de activación do Plan de emerxencia exterior da empresa Foresa en Caldas de Reis

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, participaron na actuación para comprobar a coordinación en caso de emerxencia real e mellorar a resposta

09/06/22 | 19:17 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia participa no simulacro de múltiples vítimas do XXXII Congreso da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias no Porto de Vigo

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asiste a este acto, no que participan máis de 100 persoas entre figurantes e corpos e forzas de seguridade

09/06/22 | 13:41 | A Presidencia da Xunta

A Xunta, Delegación do Goberno e o Concello de Santiago coordinan o dispositivo de seguridade dos concertos de “O Son do Camiño”

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participaron na Xunta Local de Seguridade do Concello de Santiago para abordar o dispositivo de seguridade das actuacións da próxima semana no Monte do Gozo, ás que se prevé unha afluencia de 120.000 persoas en tres días

08/06/22 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a dotación de equipamento dos GES de Friol, Cervo e Moraña coa entrega de cadanseu vehículo bomba urbana lixeira

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe das tres unidades, especialmente adaptadas para ser utilizadas en terreos con zonas de paso estreitas

06/06/22 | 19:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide concreción ao Goberno central sobre o convenio previsto para a cobertura das prazas vacantes da Policía Autonómica

O Goberno galego lamenta ter que enterarse polos medios de comunicación de asuntos de vital importancia para a comunidade e descoñece se houbo avances por parte do Executivo estatal no convenio que permitirá convocar o concurso de prazas vacantes da Unidade

01/06/22 | 18:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na implantación dunha nova aplicación de rexistro de policías locais

O director xeral de Emerxencias e Interior presidiu hoxe a reunión da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na que se deu conta dos procesos selectivos dos últimos anos centralizados pola Xunta a través da AGASP

01/06/22 | 12:52 | A Presidencia da Xunta

A Xunta leva investidos máis de 21M€ en material aos servizos de emerxencias da comunidade

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu camión de emerxencias Bomba Rural Pesada (BRP) aos GES de Muros e Ortigueira destinados a intervencións en incendios urbanos, forestais e industriais

31/05/22 | 14:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a dotación de equipamento dos GES de Brión, Avión e Folgoso do Courel coa entrega de tres furgóns de emerxencias

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu vehículo 4x4 equipado para o transporte de auga na extinción de pequenos incendios e de material a intervencións en zonas de difícil acceso

31/05/22 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Calvo destaca o traballo da Policía Autonómica para garantir a seguridade da cidadanía

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou esta mañá as dependencias da Xefatura da Policía Autonómica de Galicia en Santiago de Compostela e os demais departamentos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

30/05/22 | 12:52 | C. de Política Social e Igualdade

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos, impulsada pola Xunta, chega hoxe a Vilagarcía de Arousa

Estará situada na avenida da Marina, diante das antigas instalacións da Autoridade Portuaria