Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta colabora coa posta en valor de elementos patrimoniais de Arbo e Crecente para corrixir impactos paisaxísticos
O delegado territorial, Luis López, visitou esta mañá, acompañado dos alcaldes Julio César García-Luengo e Horacio Gil, as actuacións de rehabilitación na fonte de Pereiro de Fernández e no lavadoiro de Barcela
A Xunta axudará a 12 concellos lucenses a corrixir impactos paisaxísticos cun investimento de 149.000 euros
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver a primeira convocatoria desta orde de subvencións, que en toda Galicia chegará a 64 municipios
A Xunta celebra que Cabo Ortegal sexa unha das candidaturas españolas a xeoparque mundial e garante o seu apoio a un proxecto "gañador"
Do Campo subliña que a excepcional riqueza xeolóxica deste territorio foi o principal aval da proposta, que recibiu a maior puntuación das dúas escollidas este ano
A Xunta concede 25 axudas por case 37.000 euros para compensar os danos causados polo oso pardo
O DOG publica hoxe a resolución da orde convocada este ano por primeira vez co fin de paliar o impacto que provoca esta especie silvestre sobre explotacións e colmeas
A Xunta adxudica por case 1,2 M€ o contrato da nova planta de transferencia de residuos de Curtis
A futura instalación, que virá a substituír á microplanta actual, dará servizo a Curtis, Sobrado dos Monxes e Vilasantar, aínda que poderá ampliarse a outros 15 municipios
A Xunta destinará á mellora da depuración en Ons parte dos fondos europeos asignados ao Parque Nacional
Galicia contará cun total de 2,8 M€ de execución directa nas Illas Atlánticas
Gardacostas requisa preto de 670 quilos de distintas especies de peixe e marisco, arredor de 550 útiles e 1.500 metros de artes de enmalle
Boa parte dos utensilios incautados e dos recursos comisados son o resultado de distintos operativos conxuntos do Servizo de Gardacostas, da Policía Autonómica e do Servizo Marítimo da Garda Civil ante o inicio da campaña de extracción da centola
A Xunta incorpora ao Catálogo de Árbores Senlleiras unha sobreira de Redondela e un castiñeiro de Lugo
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se acorda incluír dous novos exemplares neste rexistro público ao considerar que polas súas características singulares ou excepcionais ambos merecen unha protección especial
A Xunta fai entrega ao Concello de Bóveda dun vehículo con distintivo ambiental eco
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, indicou que o vehículo está financiado a través da convocatoria de 2021 do Fondo de Compensación Ambiental cun importe de preto de 28.000 euros
Galicia participará no Cumio do Cambio Climático de Glasgow, COP26
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ratificará o vindeiro domingo a adhesión da Comunidade galega á Coalición Under2, para avanzar na redución das emisións de gases efecto invernadoiro