Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

07/10/22 | 10:18 | C. do Medio Rural

O DOG publica a declaración de utilidade pública de tres novas parcelarias nos concellos de Baños de Molgas, Caldas de Reis e Abadín que reorganizarán unhas 2.333 hectáreas

Estes novos decretos decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción

06/10/22 | 12:53 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a distinción do comedor do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude como 'Km 0 de Galicia' por usar produtos de proximidade nos seus menús

O recoñecemento outórgao a empresa Slow Food Compostela, quen acredita que preto do 60% dos alimentos empregados proveñen de canles curtas de comercialización, destacando os produtos amparados por selos de calidade
 

06/10/22 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra que os produtos amparados pola IXP Vaca Gallega - Buey gallego poidan comercializarse xa en todo o territorio da Unión Europea

A ampliación de mercado será posible unha vez o Diario Oficial da Unión Europea publica hoxe a inscrición desta indicación xeográfica protexida no rexistro da UE
 

05/10/22 | 11:37 | C. do Medio Rural

A Xunta abre o prazo ata o vindeiro 27 de outubro para inscribirse nas Catas de Queixos e Meles de Galicia 2022

Todos aqueles interesados terán que enviar o correspondente boletín de inscrición ao consello regulador correspondente, quen certificará que as empresas que se inscriban cumpren os requisitos e condicións establecidas nas bases do concurso
 

04/10/22 | 13:05 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia ao sector da produción de planta en Galicia durante a celebración da 51ª edición de Iberflora

No evento, que é referente entre as feiras de xardinaría, participan ata nove empresas e asociacións galegas do sector

04/10/22 | 12:27 | C. do Medio Rural

Expertos portugueses en desenvolvemento rural interésanse polo modelo galego das aldeas intelixentes no que traballa a Xunta

Unha delegación da Comunidade Intermunicipal Tâmega e Sousa, que agrupa 11 municipios do norte luso, viaxou ao concello ourensán da Veiga para afondar neste proxecto da Consellería do Medio Rural e para coñecer a aldea modelo de Meixide
 

02/10/22 | 11:58 | C. do Medio Rural

Os enxeñeiros de telecomunicacións de Galicia recoñecen o modelo de aldeas intelixentes da Xunta

O xurado valorou que esta iniciativa “trata de garantir a dixitalización e a redución da fenda dixital en contornas rurais, da man de solucións sustentables que teñan o menor impacto posible”

30/09/22 | 12:07 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o consumo de produtos ecolóxicos de proximidade en comedores escolares e colectivos de cara á mitigación do cambio climático

José Luis Cabarcos gabou a iniciativa coordinada pola escola infantil municipal A Caracola e pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que contou cunha axuda de case 51.000 euros no marco da medida Leader

30/09/22 | 10:49 | C. do Medio Rural

A Xunta eleva ata os case 41,6 M€ o orzamento total da convocatoria de axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que incrementa o orzamento desta convocatoria, ao tempo que amplía ata o 10 de novembro o prazo para xustificar os investimentos correspondentes a este ano

29/09/22 | 17:57 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsará nos vindeiros meses as agrupacións forestais de xestión conxunta da Lei de recuperación para fomentar a sustentabilidade do monte galego

? José González destacou que esta norma xa propiciou a posta en marcha de 21 aldeas modelo e doutros tantos polígonos agroforestais