Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
As familias vulnerables beneficiarias das axudas do Bono Alugueiro Social teñen garantido o 100% do custo da súa vivenda ata finais de ano
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se estipula que os perceptores do Bono de Alugueiro Social non terán que aboar nada pola renda da súa vivenda durante o que queda de 2020
A Xunta pon en marcha o blog ‘O centro de día na casa’, que permite aos usuarios manterse en contacto e activos
Esta proposta vai dirixida ás persoas maiores que desde o 13 de marzo non poden acudir a estes centros
A Xunta defende que se eliminen as franxas horarias e as limitacións ao municipio na práctica deportiva
O Goberno galego entende que, xa na fase I, deben levantarse estas limitacións que non están vixentes para outras actividades sociais
A Xunta autoriza desde hoxe as visitas dun familiar de nenas e nenos en centros de menores
Estarán supervisadas por un adulto e terán unha frecuencia que oscilará entre unha visita semanal ou quincenal
A Xunta entrega 50 aparellos de radio a residencias de maiores titularidade autonómica da provincia de Lugo
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que os transistores foron cedidos por Electrodomésticos Domínguez e repartíronse nos centros das Gándaras e A Milagrosa (Lugo) e nos de Monforte de Lemos e Burela
Feijóo avanza o protocolo de reactivación dos centros de maiores e de discapacidade para unha reapertura gradual e flexible
Afirma que a reactivación constará de tres etapas de 15 días de duración cada unha– agás nos centros con menos de 60 prazas nos que cada etapa durará 10 días–
Catorce centros residenciais de Ourense reciben móbiles, tablets e radio transistores para facilitar aos seus usuarios a comunicación e o entretemento durante o confinamento
A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, explica que esta medida forma parte do Plan Social de continxencia posto en marcha polo Goberno galego
Ovidio Rodeiro agradece o esforzo que está a facer o persoal de Axuda no Fogar nesta crise sanitaria e destaca que na comarca da Coruña a Xunta destina 9,8M€ anuais a este servizo
O delegado sinalou que na área coruñesa os concellos teñen asignadas 957.934 horas anuais, e contan, a maiores, cun incremento de 54.557 horas realizado durante a crise do coronavirus, para chegar a máis usuarios
A Xunta informa ás entidades sociais luguesas da nova convocatoria de axudas para programas de inclusión social, aberta ata o 11 de xuño
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e o delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, reuníronse con representantes de varios colectivos para explicarlles os detalles da orde de achegas, a maior da historia