Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Román Rodríguez destaca un investimento de case 6 M€ para mellorar os centros escolares de Ferrolterra
A Xunta inviste preto de 800.000€ na reforma integral do centro de Catabois e, para facilitar a conversión do Leixa nun centro integrado de FP
As obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-840 en Oza-Cesuras suporán afeccións ao tráfico a partir de mañá
Será necesario un corte de carril, que se realizará só durante a xornada de traballo, restablecéndose a circulación normal ao final do día
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a aprobación da información pública e do proxecto da nova senda na estrada PO-548 en Valga
A intervención, cun investimento autonómico de 790.000 euros, licitarase a finais deste ano ou comezos do vindeiro
Fernández-Tapias supervisa o inicio das obras de mellora do firme na PO-510 ao seu paso polo concello do Porriño
A intervención forma parte dos traballos que a Xunta está a realizar para a mellora do firme das estradas PO-510 e PO-400 nos municipios do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000 euros
A Xunta realiza obras de mellora de seguridade na estrada AC-440, no treito coincidente coa traza do Camiño de Fisterra ao seu paso por Muxía
A intervención, no punto quilométrico 12+220 da estrada, consiste na execución de dous tramos de senda e a disposición de sinalización e bandas transversais de alerta
A Xunta publica no DOG a aprobación do expediente de información pública do proxecto de mellora da seguridade viaria e accesibilidade na PO-330
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, reuníronse coa asociación de veciños de Valadares e os comerciantes de Pereiró para informarlles da tramitación
Máis de 20.000 m2 de xardíns, áreas de xogo e lecer e zonas de descanso conformarán os equipamentos públicos da ampliación de San Paio de Navia
A urbanización proxectada pola Xunta inclúe dous parques infantís, un deles de máis de 600 m2, 14.000 m2 de áreas axardinadas e 4.200 m2 de prazas e zonas de estadía
A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas da provincia da Coruña e en dúas da de Lugo
Iniciaranse as tarefas na estrada AC-302 na Pobra do Caramiñal e nas vías AC-552, AC-840 e a autovía AG-64 ao seu paso polos municipios coruñeses de Vimianzo, Boimorto e Narón
A Xunta advirte de que a situación dos encoros na conca do Miño-Sil é preocupante e extremará a vixilancia da súa evolución
Os niveis de auga encorada nestes momentos en As Portas, Cenza, Salas e Belesar son similares aos que adoitan presentar en outono, polo que un escenario de posible seca nos próximos meses implicaría terribles consecuencias para o caudal ecolóxico
A Xunta somete a información pública a reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52
Proponse a restitución do acceso deste camiño local ao novo trazado da estrada provincial OU-0516, executando un novo treito que conecte o actual coa vía de servizo da nova conexión do parque industrial coa Autovía das Rías Baixas