Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

17/06/20 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima ás familias galegas a participar no programa de acollemento de menores da Xunta

Agradeceu os coidados, dedicación e cariño que lle prestan aos pequenos do sistema de protección de menores da Xunta e, en especial, o esforzo realizado no confinamento

17/06/20 | 11:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon á disposición da mocidade máis de 1.300 prazas na provincia de Ourense para participar nas actividades de ocio e tempo libre da campaña de verán

A delegada territorial en funcións da Xunta en Ourense, Silvia Dorado Morales, subliña que se elaborou un protocolo específico ante a covid-19 para o desenvolvemento desta campaña

16/06/20 | 17:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ás entidades de inclusión social que a tarxeta moedeiro para necesidades básicas poderá comezar a solicitarse neste mes de xuño

Detállalles tamén o proceso para solicitar catro programas de axudas destinados a garantir o acceso e mantemento da vivenda en réxime de alugueiro a arredor de 8.000 familias, cun investimento total de 20 millóns de euros

15/06/20 | 12:27 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo de inscrición nos campamentos de verán da Xunta que contarán cun total de 6.872 prazas

A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado, e como novidade minicampamentos de cinco días e actividades nas residencias xuvenís de Lugo e Ourense

12/06/20 | 17:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica as convocatorias para axudar aos centros de día e de atención á infancia no pagamento dos seus custes mentres permanezan pechados

Consistirán nunha subvención que pode acadar ata o 100% dos seus custes fixos, a razón de 4000 euros ao mes

12/06/20 | 17:30 | C. de Política Social e Igualdade

O Bono coidado extraordinario da Xunta tamén cubrirá as excedencias e as reducións de xornada por coidados a fillos, a maiores ou persoas con discapacidade

Aquelas persoas que tomasen esta decisión poderán beneficiarse dun bono de 500 euros mensuais para compensar o descenso salarial relativo á redución de xornada ou á excedencia

11/06/20 | 15:30 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta avalía coas entidades de inclusión as primeiras medidas do plan social poscovid para atender as necesidades máis urxentes dos fogares vulnerables

Durante estes meses o Goberno galego reforzou o seu apoio ao tecido social para garantir a súa actividade, axudar ás familias con menores ingresos e prestar coidados a domicilio ás persoas que o precisan

11/06/20 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta realiza un novo envío de 119.684 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19 ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña

Esta semana enviouse unha nova partida a 100 centros de 55.983 máscaras, 62.970 luvas e 731 traxes antisalpicaduras

11/06/20 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 694.047 unidades de protección a un centenar de centros sociais da área de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 327.120 luvas, 287.274 máscaras e 20.764 batas, entre diverso material protección de desinfección