Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica a redacción dun estudo de alternativas para acondicionar a estrada PO-546, que une os núcleos urbanos de Marín e de Pontevedra
Este contrato, adxudicado por preto de 17.500 euros, conta con 5 meses de prazo para redactar o documento
O delegado territorial da Xunta en Ourense analiza co alcalde de Amoeiro o comezo das obras do centro de saúde
Gabriel Alén puxo en valor estes investimentos para mellorar a calidade asistencial dos centros de saúde e para facilitar os seus usos por parte dos veciños
A Xunta outorga axudas a seis concellos da contorna da Coruña para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración cun investimento de máis de 355.000 euros
O delegado da Xunta na Coruña visitou a zona de Merille, no concello de Coirós, onde informou que este municipio recibirá máis de 57.600 euros para levar a cabo melloras no abastecemento da Espenuca e no saneamento e depuración en Merille
Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta para garantir transporte público de calidade e gratis para menores de 21 anos coa tarxeta Xente Nova, que xa teñen máis de 4.000 mozos da provincia de Ourense
Vázquez Mourelle salienta que a comarca de Ourense contará no transporte público, coincidindo co inicio do curso escolar, con 16 novos vehículos máis modernos e accesibles e con menor pegada ambiental
A Xunta ultima os preparativos de cara ao inicio do curso escolar 2021-22 nas escolas infantís públicas autonómicas
O vindeiro luns 6 de setembro dará comezo o novo curso nos centros públicos no que máis de 8000 nenas e nenos de 0 a 3 anos asistirán a unha escola infantil da rede pública autonómica
A Xunta inicia as obras de mellora de 9,4 quilómetros da estrada LU-231 entre Friol e Palas de Rei
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o comezo dos traballos á altura do acceso a Castrelo, no municipio de Palas de Rei
A Xunta inicia as obras de mantemento e mellora do sistema de regulación do caudal ecolóxico da presa de Baiona, que suporán un investimento de 270.000 euros
A actuación, cun prazo de execución de 5 meses, ten como obxectivo incrementar o control e mellorar as condicións de regulación desta presa
A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense
Realizaranse traballos de roza na estrada que une Mosqueiros (AP-53) e Santa Lucía (N-525); nas vías de altas prestacións en Monforte e en Lugo e Sarria; e na estrada A Gudiña-A Rúa, en Cortegada
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción dunha nova senda na estrada AC-552 no Concello da Laracha
Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 17.000 euros, conta cun prazo de 5 meses para redactar o proxecto
A Xunta inicia a vindeira semana as obras de mellora do firme na estrada AC-550 en Muros
A execución desta actuación fará necesario o corte dun carril a partir do luns, cando está previsto que comecen os traballos, dando paso alternativo polo outro