Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

02/07/20 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta autorizará que os centros de día e ocupacionais reabran a partir do 15 de xullo

Esta decisión tómase unha vez que o persoal destas instalacións está próximo a finalizar os cursos de formación para a posta en marcha deste servizo

01/07/20 | 18:56 | C. de Política Social e Igualdade
30/06/20 | 12:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora coa Cruz Vermella para poñer á disposición das familias con dificultades económicas a Tarxeta Básica, que poderá tramitarse a partir de mañá

As familias poderán solicitala a través dos servizos sociais dos concellos ou ben a través da Cruz Vermella e recibirana nun prazo máximo de 72 horas, co fin de que poidan dispoñer dela canto antes e recuperarse así das consecuencias xeradas pola emerxencia sanitaria da covid-19

29/06/20 | 14:58 | C. de Política Social e Igualdade
26/06/20 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia licita as obras de ampliación da escola infantil de Salvaterra de Miño

O centro pasará de catro unidades e 61 prazas a seis unidades e 82 prazas

25/06/20 | 16:11 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha o terceiro bloque do Plan de recuperación social que destinará 23 M€ para a mellora e actualización de centros de servizos sociais

Feijóo explica que haberá tres tipos distintos de actuacións: pequenas actuacións de reparación e mellora, por 1,8 M€, actuacións de mediana envergadura, por 2,4 M€; e obras de rehabilitación e reforma integral dos centros, con máis de 18,6 M€

23/06/20 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

Asínase a acta de recepción das obras da escola infantil pública das Neves

Investíronse preto de 350.000 euros na rehabilitación integral e o equipamento da antiga vivenda do conserxe

18/06/20 | 16:35 | C. de Política Social e Igualdade

O Goberno central acepta as alegacións da Xunta e modifica a proposta de distribución dos fondos do 0,7% do IRPF

Segundo os novos criterios de reparto, que coinciden co que reclamou a Comunidade Autónoma, as entidades sociais de Galicia recibirían un incremento de máis do 22%, en lugar do 0,9% proposto inicialmente

18/06/20 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga polo empoderamento das mulleres con discapacidade para avanzar cara a unha igualdade real

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia coa presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), Mónica Álvarez, e co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga

17/06/20 | 13:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta oferta 1.809 prazas en 12 campamentos de verán na provincia da Coruña

A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado e como novidade minicampamentos de cinco días