Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

16/07/20 | 11:19 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo de solicitude de axudas para a mellora de escolas infantís xestionadas por entidades de iniciativa social

A convocatoria conta cun orzamento de 400.000 euros e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto durante un mes

10/07/20 | 11:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ultima a adaptación dos campamentos e albergues ás máximas garantías de seguridade para a campaña de verán

Un total de 240 mozas e mozos de entre 13 e 17 anos participarán nas actividades destas instalacións en catro quendas diferentes

10/07/20 | 09:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta realiza un novo envío de 151.048 unidades de material de protección ás residencias e entidades sociais e 52.463 para os campamentos infantís da provincia da Coruña

O Goberno galego enviou 51.763 máscaras e 700 luvas para os campamentos da Consellería de Política Social que comezan a semana que vén

09/07/20 | 15:44 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta avalía o decreto do concerto social que facilitará a prestación de servizos públicos a través de entidades sociais

Recorda que con este avance normativo, moi demandando polas entidades sociais, se creará unha bolsa de entidades que están en condicións de ofrecer prazas a partir duns criterios preestablecidos

08/07/20 | 18:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta a importancia da Rede Galega de Atención Temperá para atallar trastornos de desenvolvemento na infancia

Nestes centros facilítaselles a nenas e nenos de 0 a 6 anos ferramentas para que gañen en autonomía e gocen dunha mellor calidade de vida cando sexan maiores

08/07/20 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García enxalza o apoio da Fundación Meniños ás nais embarazadas que atravesan situacións de dificultade social

O programa ofrece apoio e acompañamento constante ás participantes, desde o segundo trimestre da xestación ata o ano e medio de vida do bebé

07/07/20 | 13:49 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García comproba os traballos dos centros de día para adaptarse ao protocolo de reapertura

Retomarase a actividade a partir do 15 de xullo, unha vez que os centros se axusten ao protocolo, os profesionais recibiran formación e teñan o material necesario

06/07/20 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o traballo realizado polas entidades de inclusión social durante a emerxencia sanitaria da covid-19

Puxo en valor o labor realizado por Cáritas Lugo nestes meses atendendo chamadas e repartindo comida ás persoas que máis o necesitaban

03/07/20 | 14:35 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza o labor de Aspnais, “peza clave” da sociedade lucense tras máis de 50 anos de traxectoria

Resalta o compromiso desta asociación reflectido a través do seu optimismo e humildade, calidades que fixeron posible a súa instalación no vello hospital San José

03/07/20 | 12:08 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo para que as entidades de inclusión social pidan as novas axudas para financiar os seus gastos extraordinarios a raíz da emerxencia sanitaria da covid-19

Habilítanse 1,5 millóns de euros no marco do Plan de recuperación social de Galicia para compensar o esforzo adicional que fixeron as entidades de inclusión par atender ás persoas máis vulnerables durante a pandemia