Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca en Santiago a alianza do comercio de proximidade coa Semana Santa compostelá
O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, participou na presentación da Semana Santa 2020, na que Compostela Monumental colabora cunha app que inclúe unha Guía de Comercio e Servizos
A Xunta avalía cos autónomos de Lugo as medidas que vai poñer en marcha en 2020 para acompañalos no desenvolvemento da súa actividade
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun novo encontro dos Venres Autónomos impulsados desde o Goberno galego para favorecer a comunicación directa e o debate con este colectivo
Feijóo destaca que a partir deste mes de xaneiro máis empresas familiares poderán beneficiarse das rebaixas fiscais da Xunta para favorecer a remuda xeracional
Lembra que as empresas tamén se poden beneficiar doutras medidas como a Lei de fomento de iniciativas empresarias, os programas Galicia Exporta, as axudas para a transformación cara a Industria 4.0 ou as axudas a autónomos
Conde sinala que a loxística achega solucións innovadoras para que as empresas galegas compitan no mercado internacional
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Vigo na presentación do proxecto europeo CoLogistics, no que colaboran Galicia e Norte de Portugal
Conde avanza un novo programa para facilitar a contratación de 300 menores de 30 anos tras un período formativo
Suporá un investimento de 7M€ para celebrar 20 proxectos e complementará aos obradoiros duais de emprego, que contarán cun orzamento de 23,2M€
Conde defende en Carballo a necesidade de apostar por iniciativas formativas que contribúan á inclusión sociolaboral de persoas con diversidade funcional
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), dedicada a ofrecer oportunidades de emprego para os seus alumnos
A Xunta mantén aberto o prazo de solicitudes para participar nos coworkings de Celanova e Cenlle
Os emprendedores poden inscribirse ata o 31 de xaneiro nas convocatorias das aceleradoras que se desenvolverán nestes dous concellos ourensáns
A Xunta destina máis de 3 M€ ao programa Aprol Economía Social para impulsar o emprego en cooperativas e sociedades laborais
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar as bases da convocatoria, que incrementa a súa dotación inicial en preto dun 50%
Galicia suma 131 concellos emprendedores tras a adhesión de Santiago de Compostela, Paderne, Cambre, Lalín e Taboadela
As cinco localidades incorpóranse a esta iniciativa que pretende estimular a actividade económica e empresarial e facilitar os trámites administrativos