Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O conselleiro do Medio Rural supervisa os traballos de limpeza e recuperación na aldea modelo ourensá de Infesta, en Monterrei
A visita prodúcese un día despois de que se aprobasen cinco novas aldeas modelo, co que xa son 11 as declaradas ata o momento en toda Galicia
A Xunta e os Consellos Reguladores potencian Galicia Calidade como a marca de referencia para os produtos do agro con calidade diferenciada
O Executivo autonómico decidiu no Consello monográfico sobre o rural da pasada semana darlle un pulo a Galicia Calidade para lograr que o sector agroalimentario galego reforce a súa competitividade nos mercados
A Xunta aproba a declaración de cinco novas aldeas modelo e dun proxecto piloto de polígono agrario en concellos de Ourense e Lugo
O proxecto de mobilización sitúase no municipio ourensán da Arnoia e as aldeas modelo nos concellos lucenses da Pobra de Brollón e Folgoso do Courel, así como nos ourensáns de Pereiro de Aguiar, Quintela de Leirado e Toén
Ovidio Rodeiro informa que ata o 28 de febreiro se poden solicitar as axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións
O Delegado Territorial visitou unha explotación apícola beneficiaria dun plan de incorporación de mozos e de mellora de explotacións
A Xunta apoia ao sector agrario a través de medidas de dinamización que permiten ofrecer novas alternativas no rural
O conselleiro puxo en valor medidas como os proxectos senlleiros, que defenden e promocionan os valores culturais de Galicia, actuando na conservación e difusión do patrimonio cultural
Medio Rural convoca as axudas para a prevención dos danos causados por incendios, desastres naturais e catástrofes
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de achegas, que contan cun orzamento de 5,8 millóns de euros deica o ano 2021
O DOG publica os beneficiarios de 2019 das axudas á elaboración, comercialización e promoción de produtos vitivinícolas
En total outorgáronse case tres millóns de euros a máis dunha trintena de empresas e particulares, ao abeiro de dúas convocatorias de achegas
A Consellería do Medio Rural convoca as axudas para compensacións por inactividade e a reposición de gando
As achegas convocadas hoxe polo DOG ascenden a 300.000 euros
Os gandeiros e agricultores galegos poderán solicitar dende mañá as axudas da PAC
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde de achegas, que ten un orzamento superior aos 216 millóns de euros
Os concellos galegos poderán solicitar a partir de mañá as axudas para a realización de poxas de gando bovino selecto
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria desta orde da Consellería do Medio Rural, que conta cun orzamento inicial de 65.000 euros