Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

10/09/21 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Ponteareas acadan un acordo para a reforma e a explotación da estación de autobuses

Ambas as administracións están ultimando a firma dun convenio para cofinanciar a partes iguais a reforma da estación, cun investimento de preto de 500.000€

10/09/21 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a construción dunha senda peonil na estrada PO-300 no Concello de Ribadumia

A intervención, cun investimento autonómico de 48.000 €, consistiu na execución dun itinerario pola marxe dereita, entre os puntos quilométricos 4+700 e 4+815

10/09/21 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as obras de renovación das beirarrúas en Oia e do carril bici da PO-552, nas que a Xunta inviste 1,8 M€, estarán rematadas a finais de ano

Vázquez Mourelle subliña que, no caso de Oia, a Xunta inviste preto de 1 M€ nunha intervención que reporá preto de 2 quilómetros de beirarrúas

10/09/21 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A ampliación da avenida da Deputación de Sabón, en Arteixo, fará necesario un corte diúrno do tráfico esta fin de semana

O corte comezará o sábado ás 8 horas, quedando restablecido o tráfico ás 20 horas e repetindo o mesmo procedemento o domingo para evitar a afección en días laborables

09/09/21 | 20:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez solicita que o Concello de Corcubión se sume á demanda dun reparto xusto dos fondos Next Generation para facilitar actuacións de seguridade viaria na estrada AC-445

Os condicionantes impostos polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana dificultan os investimentos nos municipios máis pequenos, como o de Corcubión, ao primar aos de máis de 50.000 habitantes

09/09/21 | 15:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a execución do bombeo de augas residuais nos núcleos das Quintas e A Gradeira, no Concello de Toén

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, entregoulle hoxe estas infraestruturas hidráulicas ao Concello

09/09/21 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a rehabilitación integral e enerxética do CEP Sequelo de Marín cun investimento de 883.000 €

O delegado territorial da xunta en Pontevedra, Luis López, visita o centro acompañado pola alcaldesa María Ramallo e anuncia que esta actuación xa está en fase de licitación e prevese a súa execución ao longo do vindeiro ano

09/09/21 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 450.000 euros no control da calidade das augas subterráneas da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

As Consellerías de Infraestruturas e Mobilidade e de Sanidade renovan a colaboración para o seguimento do estado químico das augas subterráneas para detectar posibles focos de contaminación dun xeito eficiente

09/09/21 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/09/21 | 16:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias supervisa o inicio das obras de mellora de seguridade na estrada PO-552 en Nigrán, no tramo polo que discorre o Camiño Portugués da Costa

A delegada territorial da Xunta en Vigo detallou que a intervención, no punto quilométrico 7+700, consiste na execución dunha senda na marxe esquerda e na colocación de sinais de cruzamento para reforzar a seguridade viaria dos peregrinos

Os traballos, cun investimento superior aos 19.000 euros, inclúense nas 70 actuacións de reforzo da seguridade nas confluencias cos Camiños de Santiago que o Goberno galego executa nas vías autonómicas cun investimento conxunto de 1,4 M€