Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

28/02/20 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo para solicitar as axudas de incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e pequenas explotacións

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde, pola que se prolonga ata o vindeiro día 31 de marzo o período para pedir estas achegas

26/02/20 | 13:40 | C. do Medio Rural

O DOG publica as axudas concedidas en 2019 pola Xunta para fomentar a calidade entre os consellos reguladores e as asociacións de produtores

En total outorgáronse case catro millóns de euros a unha trintena de entidades a través de tres ordes de axudas

25/02/20 | 11:35 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural promoverá dúas xornadas técnicas sobre a pataca na primeira semana de marzo

Técnicos da Consellería desprazaranse ao concello ourensán de Xinzo da Limia o día 5 e ao coruñés de Coristanco os días 6 e 7 de marzo

24/02/20 | 18:33 | C. do Medio Rural

A Xunta informará ás denominacións de orixe vitivinícolas sobre os aranceis e os posibles efectos do brexit na venda dos seus produtos

O conselleiro sinalou que se está a traballar na actualización do rexistro vitícola e na posibilidade de xerar dereitos para seguir plantando viñedos en Galicia

24/02/20 | 13:18 | C. do Medio Rural

A Xunta avoga por unha xestión forestal que garanta a sustentabilidade do monte a través do impulso de especies autóctonas

O conselleiro salientou que a finalidade deste proxecto é conformar un monte periurbano que combine os aproveitamentos forestais co uso social duns terreos tan próximos á cidade de Vigo

22/02/20 | 11:23 | C. do Medio Rural

A Xunta apoiará a presenza da produción ecolóxica galega na Feira Biocultura da Coruña entre o 28 de febreiro e o 1 de marzo

A Consellería do Medio Rural financia as actividades de promoción que desenvolverá neste certame o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega)

21/02/20 | 14:28 | C. do Medio Rural

A Xunta recuperará case 200 hectáreas de pastos da provincia de Ourense na primeira fase do Plan de pastoreo de Galicia

José González animou aos concellos a que soliciten a súa participación no Plan, destacando que de momento se prevé poñer en valor unhas 2250 hectáreas de pasteiros en toda a comunidade