Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reforza o seu programa de avais para facilitar o acceso ao financiamento de máis de 200 pemes e autónomos
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, asina un acordo de colaboración coas dúas Sociedades de Garantía Recíproca galegas e sete entidades bancarias para favorecer o apoio financeiro ao tecido produtivo
A Xunta promove o cooperativismo e a economía social en Xantar 2020
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou a XXI Feira Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense ata o domingo, 9 de febreiro
A Xunta impulsa o emprego local a través de tres programas que permitirán aos concellos galegos contratar a 1800 persoas desempregadas
O Goberno galego abre as convocatorias de axudas que, cun investimento de 16M€, apoiarán a contratación de 700 persoas perceptoras da Risga; 500 desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social; e 600 para tarefas de prevención de incendios
Galicia avalía cos embaixadores de Xapón e da India novas oportunidades para impulsar o intercambio comercial
As reunións do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, cos representantes destes países asiáticos centráronse no impulso ás exportacións cara a estes mercados e na captación de investimentos
A Xunta logra a primeira firma dun acordo de licenza coa industria para comercializar un proxecto do Programa Ignicia
A Universidade de Vigo e a multinacional española Ziacom asinaron o acordo de licenza da iniciativa Biofast, especializada en biomaterial para a rexeneración ósea e apoiada pola Axencia Galega de Innovación e a Fundación Barrié
A Xunta destina 18 M€ a préstamos directos para impulsar a creación, o crecemento e a innovación das empresas
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a nova convocatoria do programa, que financiará investimentos estratéxicos, en transporte de mercancías que utilicen combustibles alternativos e no desenvolvemento de proxectos e infraestruturas de uso compartido por parte de asociacións empresariais
A Xunta aposta por visibilizar o talento feminino para avanzar cara a unha igualdade real entre mulleres e homes
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron hoxe na presentación do proxecto 'Referentes Galegas' de Executivas de Galicia
A Xunta pon en marcha o plan de financiamento empresarial para 2020 que apoiará a 1.900 emprendedores e pemes, cunha mobilización de preto de 300 millóns de euros
Feijóo precisa que dos 103 M€ de investimento, destinaranse: 18 para financiamento empresarial; 12,2 para préstamos IFI; 8,8 para avais; 46,2 para reforzar os fondos propios das empresas e 17,8 a través de XesGalicia
Galicia apoia a internacionalización das empresas galegas con tres liñas de apoios que suman 11,2 M€
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as convocatorias de Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, cuxo prazo de solicitude se manterá aberto ata o 30 de marzo