Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

06/07/22 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste preto de 550.000 euros na renovación da escola infantil Antela, en Ourense

Esta importante actuación permitirá a substitución de toda a cuberta e a renova-ción da fachada para garantir a comodidade de usuarios e profesionais e mellorar o illamento e a eficiencia enerxética

05/07/22 | 15:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incorpora a modalidade de música clásica ao programa ‘Xuventude Crea’, que mañá abre a súa inscrición

Formará parte da especialidade de música e os solistas e grupos participantes poderán optar, a maiores do restantes premios, a un premio adicional dotado de 1000 euros

02/07/22 | 16:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recibe aos voluntarios do novo programa ‘XacobeAndo’, que axudarán ao coidado e promoción das rutas do Camiño de Santiago

Un total de 80 mozos, de entre 18 e 30 anos, participarán nesta proposta que con-templa accións nos ámbitos da inclusión, a sustentabilidade e a dixitalización

01/07/22 | 13:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inicia a campaña de verán máis ampla e variada da historia con máis de 10.800 prazas en actividades por toda Galicia

Fabiola García destaca que a programación estival do Goberno galego supón unha opor-tunidade de lecer para a mocidade e tamén un recurso de conciliación para as familias durante as vacacións escolares dos seus fillos

30/06/22 | 19:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abrirá unha nova convocatoria do programa ‘Xuventude Crea’ o 6 de xullo

O certame incluirá 14 categorías distintas nas que participar, que van desde artes plásticas, cociña e música, ata videocreación, novela curta ou deseño de xoias

26/06/22 | 12:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre a convocatoria da segunda edición do programa ‘Xuventude Mentoring’ de formación e mentorización de mozos para a transición da vida académica á laboral

O Goberno galego destina 500.000 euros nesta iniciativa que conta coa colaboración das tres universidades galegas e da que se poderán beneficiar este ano 250 mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que acaban de rematar os seus estudos

25/06/22 | 11:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece o papel das entidades sociais e das persoas voluntarias na construción dunha Galicia mellor

Destaca que Galicia é unha comunidade solidaria na que máis de 52.000 persoas destinan o seu día a día en axudar aos demais