Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

29/03/22 | 11:11

A Xunta advirte que limitar a suba dos alugueiros nun 2% é unha medida “ineficaz e discriminatoria”

Ángeles Vázquez aclara que a proposta do Goberno central só se poderá aplicar a aqueles contratos que deban renovarse nos próximos tres meses, é dicir, antes do 30 de xuño

28/03/22 | 13:44

A Xunta destinará 11 M€ á nova convocatoria das axudas ao alugueiro, que se complementarán co Bono social e co Bono mozo

Ángeles Vázquez lamenta que o Bono mozo “non acabe de arrancar” á espera de que o Goberno central aclare se vai permitir a mobilidade dos beneficiarios entre comunidades ou habilitará unha plataforma única para xestionar estas subvencións

26/03/22 | 12:13

A Xunta invita á cidade da Coruña e a súa área a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda

Este é o segundo encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia e terá lugar o luns, 28 de marzo, ás 10,30 h, na Delegación Territorial da Coruña, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo

24/03/22 | 11:51

A Xunta licita por case 11,5 M€ a urbanización da primeira fase de San Paio de Navia, en Vigo, con máis de 9.600 m2 de zonas verdes

Para acondicionar este polígono, que abrangue máis dun terzo de todo o ámbito, executaranse traballos de pavimentación, sinalización, xardinería, accesibilidade, colocación de mobiliario urbano, instalación e dotación de servizos básicos

24/03/22 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias entrega as chaves de San Francisco 15 a dous novos veciños do Casco Vello vigués

Trátase dunha das nove vivendas, procedentes das intervencións do organismo rehabilitador, que se adxudicaron o pasado ano neste ámbito

23/03/22 | 18:05

Ángeles Vázquez lamenta que a futura Lei de vivenda estatal "ensombrece un momento crucial" para esta materia e anuncia que será recorrida pola Xunta

A responsable autonómica censura que o Goberno central impulsara esta norma “de costas ás comunidades e ás súas competencias” e que siga adiante ignorando o rexeitamento expreso do Poder Xudicial ou do Consello Galego da Competencia

22/03/22 | 12:03

A Xunta adxudica seis vivendas de promoción pública en Vilagarcía, Ribadumia, O Porriño e Vila de Cruces

O delegado territorial, Luis López, presidiu o sorteo celebrado, entre 204 candidatos, na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e anunciou a axilización dos trámites administrativos para que poidan acceder aos inmoblesno prazo máis curto

21/03/22 | 11:55

A Xunta destinará este ano 4 M€ á liña de axudas para obras de accesibilidade en edificios residenciais

A convocatoria deste novo programa prevé subvencións de ata 21.000 € por vivenda e daralle continuidade ás axudas que desde 2019 permitiron actuar sobre 3.700 inmobles na provincia de Pontevedra

19/03/22 | 12:56

A Xunta invita á cidade de Vigo e a súa área a coñecer os distintos programas de axudas en materia de vivenda

Este é o segundo encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia de Pontevedra e terá lugar o luns, 21 de marzo, ás 10,30 h, na Delegación Territorial de Vigo, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo

18/03/22 | 11:15

A Xunta destinará este ano 1 M€ a mercar inmobles na Coruña para rehabilitalos e ofrecer vivenda protexida

“Ante as adversidades Galicia faise máis forte e ante as adversidades o sector da construción sempre está aí, apoiando”, subliña a responsable autonómica