Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Transporte:

27/07/22 | 11:09

Galicia impulsa un programa de traballo en rede con máis de 250 investigadores para o desenvolvemento sostible das actividades vencelladas co mar

Na iniciativa, que conta con 10 millóns de euros de financiamento, participan preto de 90 grupos de investigación das institucións galegas máis punteiras, incluídos seis centros dependentes da Xunta, as tres universidades públicas da comunidade e catro organismos dependentes do Consello Superior de Investigacións Científicas
 

26/07/22 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Conxemar vías de colaboración para elaborar un plan estratéxico para o conxelado

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron unha xuntanza en Vigo cos representantes da Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura para avanzar no impulso do sector

20/07/22 | 14:47

A Xunta investirá máis de 250.000 euros en distintas melloras nas dársenas de Cambados

Susana Lenguas explicou á confraría local que a Consellería do Mar destinará arredor de 180.000 euros á renovación do pavimento dos pantaláns dos peiraos cambadeses con madeira sintética para mellorar a seguridade e a actividade nestas instalacións

20/07/22 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 21 quilos de percebe nun dispositivo en Ribeira

Foron identificadas dúas persoas contra as que se levantaron dúas actas de infracción e a mercadoría intervida destinouse a un centro benéfico da localidade

17/07/22 | 13:00

Galicia e Mozambique colaboran no reforzo da pesca e da acuicultura no país africano para mellorar a seguridade alimentaria e nutricional

O proxecto Pe1xan MZ está financiado con fondos de Cooperación Galega e ten como obxectivo contribuír a mellorar as condicións de vida das comunidades de Namaacha

16/07/22 | 16:24 | A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o apoio da Xunta aos familiares do "Villa de Pitanxo" e garante que lle trasladará ao presidente do Goberno as súas reivindicacións sobre a investigación do accidente

Nun novo encontro con representantes das familias, comprometeuse a facer chegar a Pedro Sánchez unha carta coas súas demandas

16/07/22 | 12:00

Un total de 180 persoas poderán beneficiarse dos tres novos cursos de mariñeiro pescador que convoca a Xunta de Galicia na modalidade 'online'

Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de prematrícula está aberto ata as 14:00 horas do próximo 5 de agosto

15/07/22 | 18:40

A Xunta de Galicia apela a estar preprados e a traballar de xeito conxunto ante a etapa de cambios que se está a vivir

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, pechou esta tarde na Toxa o encontro Galicia’s Leadership & Innovation Day

15/07/22 | 15:07

A Xunta investiu máis de 6 millóns de euros no último lustro en apoios a melloras da frota e das súas condicións co fin de impulsar a remuda xeracional

Antonio Basanta puxo de relevo a boa aceptación destas achegas cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca pois o número de solicitudes incrementouse nas últimas dúas convocatorias