Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta colabora con Unicef para garantir a educación e a protección dos menores afectados polo terremoto de Haití
A Vicepresidencia Primeira, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, colabora con 40.000 euros nas accións postas en marcha pola ONGD en auxilio da poboación dos departamentos do sur afectados polo movemento sísmico, coa previsión de chegar a 840 alumnos de 23 escolas
Galicia e o Norte de Portugal apostan polo tren de alta velocidade e a transición dixital e piden máis cohesión territorial na Eurorrexión
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, o presidente da CCDR-Norte e da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, António Cunha, e o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión GNP, Nuno Almeida, fixeron hoxe en Braga fronte común na “Conferencia Fondos Europeos: Miño e Galicia”
Galicia apoia en Bruxelas un sistema de protección xeográfica para os produtos industriais e artesanais
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 146º pleno do Comité Europeo das Rexións
Galicia avoga por ser parte activa no debate da reforma da Política Pesqueira Común
A comunidade galega ofreceuse a acoller o evento que a CRPM ten previsto celebrar na primavera de 2022 para intercambiar puntos de vista sobre a folla de ruta da pesca europea
A Xunta salienta o esforzo realizado no aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea salientou a importancia da incorporación de España como estado observador na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) polas posibilidades de abrir un amplo ámbito de traballo para a cooperación coa lusofonía
Santiago acollerá unha reunión do Comité Europeo das rexións no ano Xacobeo 2022
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, amosa a súa satisfacción polo resultado favorable á proposta galega e destaca a idoneidade do Camiño de Santiago como exemplo de turismo sostible
A Xunta participa na Comisión Hispano-Lusa que prepara o vindeiro Cumio Ibérico
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión preparatoria para o vindeiro Cumio Ibérico Hispano-Luso que se celebrará na localidade estremeña de Trujillo en outubro
Galicia confía en que a Comisión Europea vele pola participación das rexións na execución dos plans de recuperación
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, resalta a capacidade galega para identificar os xa máis de 300 proxectos susceptibles de optar ó financiamento dos fondos “Next Generation UE” e pide claridade na distribución e unha maior participación das rexións
A Xunta apoia a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea recibiu hoxe ás persoas beneficiarias das bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento
Feijóo destaca as oportunidades mutuas de Galicia e Colombia en sectores como o pesqueiro, o naval, o contract, o TIC e o forestal
Agradece a visita de Iván Duque porque se converte na primeira dun presidente a Galicia nestes Ano Santo bienal e acepta a invitación do titular do Goberno colombiano para visitar Colombia cunha delegación económica galega