Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

23/11/21 | 15:00 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración facilitou a integración social en Galicia a case 6.200 persoas a través das axudas extraordinarias ao retorno

Esta liña, á que se destinaron 4,6M€ dende 2018 ata 2020, forma parte das accións sociais específicas da Estratexia Retorna

27/10/21 | 12:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo expón a necesidade de abordar o retorno e a migración planificada e ordenada a nivel europeo e estatal para afrontar as consecuencias do avellentamento

“Se cedemos terreo nese debate, outros o ocuparán con discursos que responden máis á emoción que á razón; ao ruído que á serenidade; ao populismo que á política ben exercida”, di

26/10/21 | 14:49 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que as axudas ao retorno emprendedor impulsaron desde a súa posta en marcha máis de 500 proxectos cunha mobilización de 25 millóns de euros

Precisa que estas axudas, que contan cada vez con máis demanda, oscilan entre os 5.000 e os 8.000 euros, segundo o proxecto emprendedor

20/10/21 | 12:11 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e a UVigo dan a benvida aos novos alumnos das bolsas Beme que estudan un mestrado no campus de Ourense

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a vicerreitora do campus de Ourense da UVigo, María Esther de Blas, saudaron aos 8 galegos do exterior que obtiveron a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior para facer un mestrado nas facultades deste campus

19/10/21 | 14:05 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e a UDC dan a benvida aos novos alumnos das bolsas BEME que estudan un mestrado nos campus da Coruña e Ferrol

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o reitor da UDC, Julio Abalde, saudaron aos 42 galegos do exterior que obtiveron a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior para facer un mestrado nas facultades destes dous campus nun acto de benvida que tivo lugar no paraninfo do Reitorado

14/10/21 | 12:54 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda percorre un tramo da Vía da Prata cos galegos do exterior que están a realizar o programa “Reencontros co Xacobeo”

O secretario xeral da Emigración estivo acompañado nesta visita polo alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares

11/10/21 | 14:32 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 22 de outubro

A convocatoria desta reunión, que será telemática, será a cuarta deste ano, o que permitirá continuar a traballar no seguimento da relación cos galegos do exterior

11/10/21 | 12:46 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda e Fernández-Tapias visitan FEVEGA en Vigo para comprobar a recollida de preto dunha tonelada e media de medicamentos para os galegos de Venezuela

Esta acción solidaria conta coa colaboración da Xunta de Galicia e complementa a acción directa de axuda da administración autonómica aos galegos que viven no país caribeño