Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

17/10/22 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta compromete 14M€ para a construción do novo instituto de Navia, cuxo proxecto licitará de inmediato en canto o concello asine a cesión dos terreos

Román Rodríguez asegura que esta é a obra educativa “máis ambiciosa” prevista para Galicia e que Vigo aglutina o maior investimento en infraestruturas escolares con máis de 27M€ en obras de mellora, ampliación ou rehabilitación

17/10/22 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementará o vindeiro ano nun 40% as estadías no estranxeiro para que o alumnado galego mellore as súas competencias en idiomas

Román Rodríguez avanza que a partida para este programa de impulso das linguas estranxeiras se incrementa ata os 2 M€ nos Orzamentos 2023
 

16/10/22 | 10:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementará nun 7,5% os fondos para que os centros educativos fagan fronte á factura enerxética nos Orzamentos 2023

A medida ten como obxectivo evitar que a alza dos prezos repercuta no benestar da comunidade educativa

15/10/22 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o carácter “inclusivo, transversal e aberto a Vigo” do colexio Apóstolo Santiago no seu 150 aniversario

A delegada da Xunta en Vigo participou este sábado nos actos de celebración do Colexio Xesuítas

15/10/22 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 82 universitarios acadan os Premios Fin de Carreira da Xunta

O 58% son mulleres e a universidade con máis premiados é a de Vigo, con 38, seguida da de Santiago con 32, mentres que na da Coruña hai 12

14/10/22 | 16:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa a conciliación nos concellos do rural a través de 95 casas niño

Estes centros permiten poñer á disposición das familias dos municipios de menor tamaño 475 prazas gratis para as nenas e nenos

14/10/22 | 12:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 prioriza a relación do alumnado coas novas tecnoloxías e o benestar emocional co fin de garantir un bo clima nas aulas

O responsable educativo da Xunta destaca que o novo documento “é unha prioridade de Goberno” para dar resposta “ás novas dinámicas sociais, en constante cambio e evolución”

14/10/22 | 10:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As familias beneficiarias do vale da Xunta para a compra de material escolar poden recoller o cheque adicional a partir do luns no seu centro

Máis de 90.000 alumnos que xa recibiron a axuda de 50€ obterán agora outra de 25€ sen facer ningún trámite adicional
 

13/10/22 | 14:18 | A Presidencia da Xunta

A Estratexia galega de convivencia escolar 2025, dotada con 5,5 M€, inclúe un plan integral contra o acoso e o ciberacoso

O vicepresidente primeiro resalta que o obxectivo é “avanzar cara a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade”