Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Economía:

14/04/22 | 12:09

A Xunta adxudica por máis de 107.000 € a mellora da contorna do campo da feira de Paiosaco, na Laracha

Os traballos centraranse en tres rúas e nunha praza e consistirán na ampliación das beirarrúas co fin de habilitar espazos máis accesibles e seguros para os peóns

14/04/22 | 11:24

A Xunta e o Concello de Larouco investirán preto de 90.000 € na mellora do acceso ao núcleo de Seadur

A actuación urbanística prevista consistirá no acondicionamento das dúas rúas que comunican esta zona así como na mellora da seguridade no acceso ao local social

09/04/22 | 12:55

A Xunta avanza na tramitación ambiental do Plan Xeral de Cee

A Consellería de Medio Ambiente trasladará ao Concello un documento que determina o alcance que deberá ter o estudo ambiental estratéxico e os organismos que deberán ser consultados tras a aprobación inicial do PXOM

07/04/22 | 13:58

A Comisión Superior de Urbanismo avala a ampliación do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

Este proxecto tramitarase en base á Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese

06/04/22 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remite ao Concello de Lugo o informe ambiental estratéxico con propostas sobre a modificación urbanística na zona do Garañón

O delegado territorial destaca “a celeridade” na resposta logo de que o Goberno local pechara o 16 de marzo o prazo de información para consultas

06/04/22 | 12:52

A Xunta concede axudas por un importe de 30.000 € para reparar dúas infravivendas no concello da Lama

Nun destes inmobles substituirase toda a carpintaría exterior e no outro, os traballos consistirán na demolición da cuberta existente para poder construír unha nova

03/04/22 | 12:28

A Xunta empraza ao Goberno central a clarificar o seu criterio á hora de autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral

Encarnación Rivas lamenta a “incomprensible diferenciación” que fai o Estado ao permitir reconverter antigos faros en hoteis mentres nega esta opción ás edificacións situadas en servidume de protección, polo que insta a aplicar “a mesma vara de medir” en toda a costa

02/04/22 | 11:45

A Xunta avanza na tramitación ambiental do Plan Xeral de Valdoviño

A Consellería de Medio Ambiente trasladará ao Concello un documento que determina o alcance que deberá ter o estudo ambiental estratéxico e os organismos que deberán ser consultados tras a aprobación inicial do PXOM

01/04/22 | 14:28

A Xunta convocará axudas por 23 M€ para dinamizar as áreas de rehabilitación integral e outras zonas residenciais

Tras a decisión do Goberno central de suprimir as axudas das ARI, Heriberto García explica que, grazas ás xestións de Galicia, o financiamento para seguir rehabilitando inmobles nestas zonas e nas áreas Rexurbe sairá do novo programa a nivel de barrio

31/03/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa posta en valor e acondicionamento do lavadoiro de Guillar, no concello de Rodeiro, cun investimento de 17.000 €

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde Rubén Quintá, supervisou as actuacións de rehabilitación desta infraestrutura de auga, que recibiu unha achega de 10.000 € ao abeiro de orde de corrección de impactos paisaxísticos